O Concello de Boiro celebrará o Entroido cun mes de febreiro ateigado de actividades

27 Xaneiro 2020
O Séquito Branco de Troula Animación polas rúas de Boiro

Malia que a sona (as reportaxes, os documentais, os ensaios, as entradas da Galipedia) vaia para os concellos da provincia de Ourense, o Entroido vívese na costa galega, para entendernos, coma se cada festividade anual fose a derradeira. Ou case. Un exemplo disto é o Entroido de Boiro, que é unha festa gastronómico-musical-creativa (e moitas cousas máis) e que adoita ver cargada de actividades para para veciñas, veciños e visitantes de todas as idades. Para que o listón de xolda e participación siga ben alto, o Concello elaborou este ano unha completa axenda cultural e festeira que abranguerá practicamente todo o mes de febreiro (e parte do marzo) e que terá varios centros neurálxicos de actividade, comezando polo Centro Social de Boiro e rematando, por suposto, a pé de rúa. O programa Febreiro Choqueiro que propón o Concello dará comezo o venres 7 ás 20.00 horas, no Centro Social de Boiro co espectáculo Combo Tradicional.

Unha semana máis tarde, no mesmo emprazamento, desenvolverase a presentación A xestión cultural en Galicia, unha publicación-investigación que bota luz sobre o sector cultural da nosa terra, na nosa lingua, e as súas perspectivas profesionais (as perspectivas dos eidos da edición, o audiovisual, as artes plásticas ou a música, entre outros). Será o venres 14, tamén ás 20.00 horas, no Centro Social de Boiro.

Un día máis tarde, o sábado 15, celebrarase no Centro Social a Batalla de Galos Barras Bravas, prevista para sa 17.00 horas.

A festa urbana será a protagonista da seguinte cita do Entroido boirense: o Venres de Abadesas (21 de febreiro), que será unha xornada de lecer, encontros e actividades culturais a pé de rúa en pleno Boiro, sempre e cando as condicións climáticas o permitan.

Un día máis tarde, o sábado 22, celebrarase o tradicional Entroido na Boliña, a partir das 19.00, no núcleo boirense do mesmo nome, un clásico nas celebracións comarcais e galegas deste mes de febreiro, cos seus habituais concursos, sorteos, xogos, concertos e degustacións de produtos típicos destas datas. A festa proseguirá en Boiro ao día seguinte, a partir das 17.00, co programa de actividades do Domingo de Entroido. E para que ninguén bote de menos a festa durante moito tempo, o martes 25, Martes de Entroido, o Concello converterá o centro da cidade nunha gran celebración, con desfiles, concursos de disfraces e animación na rúa, a partir das 18.00 horas.

O programa rematará o primeiro de marzo, co Domingo de Enterros e o Enterro da Cunca, do Oso e da Sardiña.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.