O Club Remo Puebla celebrou a súa asemblea anual de socios abordando diversos asuntos

11 Xaneiro 2020
Imaxe de arquivo da asemblea celebrada en marzo de 2019. Cedida por Club Remo Puebla

O Edificio de Deportes Náuticos de O Castelo foi escenario no día de hoxe, venres 10, dunha asemblea xeral de socios e socias do Club Remo Puebla. Entre as cuestións a tratar, a directiva expuxo o balance económico das contas do 2019 e anunciou os futuros gastos da actual tempada coma, por exemplo, a inversión en material de ximnasio e novas embarcacións tras o recente crecemento en número de deportistas que fan uso das instalacións diariamente. Así mesmo, o club pretende dar un paso adiante na modalidade de banco móbil invertendo en material para a mesma.

No encontro tamén se informou sobre o estado actual do club, cualificándoo como unha época dourada en canto a número de deportistas e socios, pero lamentan que o espazo do edificio non estea preparado para dar cabida a tal cifra, razón pola cal se segue loitando por unha obra de ampliación, afirmando que agora mesmo está en mans do Concello da Pobra do Caramiñal e doutras entidades coma Portos de Galicia.

Esta asemblea coincidiu coa fin de semana na que arrancan as competicións, pois mañá, sábado 11, as categorías base, mais concretamente dez equipos, participan na IV Contrarreloxo de Bateis C. R. Rianxo, a cal se desenvolverá no peirao a partir das 16.00 horas. Ademais, o domingo 12 o equipo de traiñeiras de veteranas participará na súa primeira regata: V Memorial Pepe O Ruso, en Bueu.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.