O CEMMA sitúa en tres exemplares os golfiños falecidos tras o encallamento masivo do Día de Reis

08 Xaneiro 2020

A Coordinadora para Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) achegou onte pola noite novidades importantes sobre os rescates realizados aos golfiños comúns encallados na festividade de Reis en diferentes puntos da ría de Arousa: no porto de Vilagarcía (dous golfiños), outros dous en Neixón, en Boiro (onde se puido pór en liberdade o exemplar máis novo pero non se logrou facer nada polo adulto), un quinto nas canles fluviais de Catoira (ao que se tentou rescatar, non sen certa dificultade) e un sexto na dársena de Pontecesures, río Ulla arriba (que ao longo do día de Reis tentaba ser devolto ao mar sen que se tiveran noticias sobre o éxito das tarefas). Segundo informou esta noite o CEMMA, actualizando o parte de novas, tres dos golfiños encallados non puideron finalmente sobrevivir. Trátase do exemplar adulto de Neixón e dos dous que deron remontado o Ulla.

Rescate dun dos golfiños comúns do río Ulla/ Imaxe cedida

Os que si que puideron facelo foron os cetáceos de Vilagarcía e o pequeno golfiño de Neixón, que foron devoltos ao mar o día de Reis e que na xornada do 7 xa non foron albiscados na ría, polo que se deduce que poden estar tentando volver a mar aberto na procura da manda da que forman parte (aínda que existen moitas probabilidades de que volvan varar, xa que esta é unha dramática pauta que se repite case sempre).

O CEMMA engadiu que neste intre “estanse a analizar os datos e recollendo mostras biolóxicas para estudos posteriores e tratar de esclarecer así cal foi o inicio do proceso que levou a estes individuos a protagonizar esta situación”. A coordinadora agradeceu novamente os importantes traballos de rescate levados a cabo polos membros locais de Protección Civil, bombeiros e autoridades que “prestaron apoio”, e máis ao voluntariado de CEMMA.

Respecto das causas que motivaron o falecemento, non hai nada concluínte. Por unha banda, sábese que padecían doenzas crónicas e máis un proceso prolongado de desnutrición, pero as doenzas, que non eran graves, non deberan impedirlles alimentarse. De feito, estaban en bo estado de saúde. No que atinxe aos porqués de que dous deles foran dar ao río Ulla e o resto conseguise chegar ao fondo da ría, ten relación directa co feito que a auga doce (e a salobre tamén) logra revitalizalos e rehidratalos.

Outros artigos

Venres 16 con inestabilidade atmosférica e descenso térmico

Este venres 16, teremos unha situación meteorolóxica marcada pola variabilidade e os contrastes. Os ceos presentarán intervalos nubrados, con momentos de maior apertura pero tamén con chuvascos intermitentes, que por veces poderán vir acompañados de sarabia,...

+

“Lalín e Álvaro Cunqueiro, saber e sabor”. Alberto Barciela

Lalín ten o premio de Gastronomía máis prestixioso de España, que leva o nome de Álvaro Cunqueiro (1911-1981), escritor, xornalista e gastrónomo mindoniense. O realismo dunha terra de paisaxes que semellan un tapiz multicolor, onde a xeografía se admira sobre un lenzo...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Desaparecerán muchos bares” – José Castro López

“Desaparecerán muchos bares” – José Castro López

Los bares forman parte de nuestra identidad nacional. Son como “un corazón económico y social” que late a diario en las calles de ciudades y pueblos, un punto de encuentro y de intercambio de historias entre generaciones. En ellos se mezclan edades, ideologías,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.