O CEMMA lembra a necesidade de seguirmos protocolos de actuación ante o incremento de mamíferos mariños varados

21 Xaneiro 2020

A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños vén de recalcar dende o seu Facebook a necesidade de estarmos preparadas/os para saber como actuar en caso de ser testemuñas dun encallamento de cetáceos ou outros mamíferos, por exemplo lobos mariños cincentos, que son habituais nestas datas na nosa costa. O CEMMA tamén lembra que se está a rexistrar en xeral un elevado número de varamentos no litoral galego, incluída a ría de Arousa e os seus concellos, por mor do tren de temporais e, tamén, por causas directamente relacionadas coa actividade humana, por exemplo o dano provocado polas capturas accidentais.

A respecto de todo isto, a coordinadora fai fincapé na necesidade de actuar seguindo unhas pautas definidas: se albiscamos un golfiño ou unha balea ou un lobo mariño á deriva e en risco de varar, o primeiro que debemos facer é comunicalo ao 112 e ao teléfono de coordinación da Rede de Varamentos de Galicia (686 989 008). En calquera destes casos, recordan, “non é de abondo con subir a foto dos exemplares albiscados nas redes sociais”. De feito, contactar a través das ditas canles segue a ser o mellor xeito de axudalos.

O CEMMA tamén recalca a importancia de seguir un estrito protocolo de actuación no caso de atoparmos en praias ou cons algún exemplar de lobo mariño. “Cómpre non molestalos, alertar da súa presenza e ter moito coidado cos cans que levemos ao noso carón”. A coordinadora recoñece que está a detectar acoso de cans a exemplares que queren descansar nas praias coa caída da tarde.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.