O Barbanza e Arousa sur lideran o incremento do paro en Galicia

04 Xaneiro 2020

O Barbanza e Arousa sur lidera o incremento do paro en Galicia. Na comarca de Barbanza, Boiro e Ribeira encabezan o aumento do paro. O primeiro destes concellos acabou o ano con 1.140 desempregados, 139 máis que no mes anterior. En Ribeira son 1.424 parados, 135 máis que en novembro. En Rianxo son 678 os demandantes dun posto de traballo, 44 máis ao 31 de decembro. Por último, A Pobra do Caramiñal contabiliza 486 demandantes de traballo, 36 máis que no mes anterior.

O exercicio económico de 2019 pechouse cun dato moi negativo en materia de emprego nas comarcas da Ría de Arousa, a negativa clasificación é liderada por Barbanza con 354 novos parados, en tanto que O Salnés ocupa o segundo lugar da listaxe galega con 258 persoas incorporadas ás listas oficiais do desemprego.

Comarca da Barbanza

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.