O artista noiés Manuel Romero exporá Mis etapas no Lustres Rivas

02 Xaneiro 2020

O Centro Cultural Lustres Rivas dará cabida do 10 de xaneiro ao 29 de febreiro a unha nova exposición titulada Mis etapas. Esta mostra retrospectiva do artista noiés Manuel Romero atópase formada por 23 óleos e 3 esculturas envellecidas mergullándose no mar durante un ano. Ademais, o cadro Puerto de Riveira y Club Náutico será doado polo artista ao Concello ribeirense.

A inauguración de Mis etapas terá lugar o venres 10, ás 21.00 horas. As visitas poden realizarse de luns a venres, en horario de 10.00 a 14.00 e de 19.00 a 21.00 horas, así como os sábados, de 11.00 a 14.00 e de 19.00 a 21.00 horas.

Residente en Londres, onde se licenciou en Belas Artes pola Universidade de Kingston, Manuel Romero é internacionalmente recoñecido como un dos expoñentes da arte española. Entre os lugares nos que ten exposto figuran o Museo Adzak de París, o Instituto de España en París, Oslo e Chicago, conseguindo a loanza do público. A súa obra tamén chegou a Xapón e Nova York, e mesmo creou e dirixiu unha galería de arte na capital británica, denominada The Blason Gallery.

Así mesmo, foi galardoado co Premio Barbantia da Cultura Galega 2017, ademais de recibir outros premios e recoñecementos.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.