O alcalde de Boiro reunirase mensualmente coa veciñanza

29 Xaneiro 2020

Baixo o título Un café co alcalde, o Concello de Boiro manifesta que se atopa traballando nun programa de participación cidadá co que se pretende chegar á veciñanza de todo o municipio, mediante o cal disporían dunha alternativa diferente para trasladar as súas demandas. A iniciativa arrancará en febreiro e terá lugar a terceira semana de cada mes nunha parroquia distinta, sendo a intención ir alternando as de costa coas de interior. Estes encontros periódicos realizaranse nos centros sociais e culturais, antigas unitarias ou bares, co obxectivo de que sexan lugares “cómodos e accesibles para manter este tipo de xuntanzas distendidas.”

Tamén apuntan que así aspiran a ter un contacto máis directo coa cidadanía, dispoñendo dunha maneira diferente para trasladar as súas peticións e demandas, ao tempo que se activa “un tipo de participación cidadá directa e útil.” Independentemente das reunións que se poidan ter a título individual co rexedor no Consistorio, a finalidade desta medida radica en coñecer as preocupacións ou necesidades comúns dos residentes dun mesmo lugar.

Así mesmo, desde o Concello sosteñen que este formato de contacto entre o alcalde e a veciñanza “estase levando a cabo xa noutros municipios e funciona moi ben.”

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.