Novo record na venda de berberecho en Galicia. Rianxo a que mais crece e Noia á cabeza

18 Xaneiro 2020

Ao longo do 2019 as rulas galegas comercializaron 3.440 toneladas de berberecho fronte ás 2.482 toneladas do 2018, un incremento do 38,6%. A facturación obtida pola venda do produto ascendeu ata os 21,5 millóns de euros, un aumento do 39% xa que hai dous anos a cifra foi de 15,4 millóns de euros. Os tres portos con máis venda deste bibalvo foron Noia, Carril e Rianxo, xa que xuntos concentran o 83% das descargas (2.860 toneladas) e o 82,6% dos ingresos (17,7 millóns).

Lonxa Rianxo

Rianxo foi a que rexistrou un maior crecemento tanto no número de descargas como nos ingresos. O pasado ano os pescadores da vila rianxeira extraeron 264 toneladas de berberecho, mentres que no anterior exercicio a cifra foi de 43 toneladas. Os ingresos tamén se multiplicaron por seis xa que en 2019 superaron os 1,2 millóns de euros polos 0,1 do 2018. eso deveuse a que aumentou o valor no mercado, aínda que ao principio os compradores non estaban afeitos ao estar tantos anos con pouca cantidade.

Pola sua banda a lonxa de Noia está á cabeza tanto en descargas como en volume de negocio. En 2019 os pescadores extraeron 2.143 toneladas de berberecho, un 16,6% máis que hai dous anos cando a cantidade foi de 1.837 toneladas

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.