Música, baile e artesanía no Vive, aprende e goza do noso

08 Xaneiro 2020

A Pobra vibrará esta fin de semana ao son de Vive, aprende e goza do noso, impulsada por Eiradela Asociación Cultural en colaboración co Concello. O programa de actividades arrancará o sábado 11 baixo o título A tradición en clave de xénero. Así, a ruada e apertura das xornadas correrá a cargo de Os Liantes, ás 19.00 horas, para posteriormente dar paso a dous obradoiros: o primeiro, ás 20.30 horas, será Bailar a canda os tempos, da man de Carme Campo e Chus Caramés; mentres que o segundo, Regueifa 2.0, está previsto para as 22.00 horas e será impartido por Lupe Blanco e Kike Estévez. O día rematará co concerto de Os da porfía, ás 23.30 horas, seguido dunha foliada libre.

A xornada do domingo 12 levará por título O tradi é moda, tendo lugar a apertura de portas dunha mostra de artesanía, ás 12.00 horas. A continuación, comezará o Vermú Ghaiteiro, prolongándose desde as 12.15 ata as 17.00 horas, amenizado por A Dorniña de Abanqueiro, AGPT da AMPA de Escarabote, Aínda é sedo, As da canteira, Arrancadeira, Bailadela, Caramiñas, Lumieira, Nunca é tarde, O son das ferreñas, Os sentenarios, Pedra de Aroña, Tahumiños, Tanxedoira, Xiada e Xilbarbeira. Ás 17.00 horas será a quenda do obradoiro Iniciación ó baile solto, con Luís Prego; mentres que ás 19.30 horas impartirase O Maneo. Ademais, en horario de 12.00 a 20.00 horas, Alén das Olas ofrecerá un taller participativo de olaría e cerámica, o cal será de balde e para tódolos públicos. A programación tamén inclúe o faladoiro A Galicia dos mil panos, por Sete Espadelas e previsto para as 18.30 horas. A festa chegará ao seu fin ás 21.00 horas, amenizada por Joel Padín, Caraveiros, Trécola e Xesteiras.

Os actos concentraranse no posto situado na praza Maior.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.