Medra a rede de Concellos Emprendedores, da que forman parte Boiro, Rianxo e Ribeira

13 Xaneiro 2020

A rede de concellos galegos emprendedores vén de subir un novo chanzo estes días pasados, coa incorporación de Santiago, Cambre, Paderne, Taboadela e Lalín. A rede, como lembraremos, é unha iniciativa para facer voar a actividade económica e innovadora e achandar o camiño das emprendedoras e emprendedores nas súas aventuras empresariais, por exemplo facilitando os trámites administrativos, achegando incentivos fiscais e maiores facilitades para acceder ao solo industrial. Amais, reciben prioridade nas ordes de axuda autonómicas relacionadas co emprego, o emprendemento e a innovación.

Con respecto á nosa comarca, forman parte da rede os concellos de Rianxo, Ribeira (que hai dous anos iniciou o proceso de incorporación definitiva) e Boiro, por unha beira, e os de Noia e Porto do Son, pola outra.

En total, Galicia conta arestora con 131 Concellos Emprendedores.

Deste xeito, A Coruña conta con 33 concellos emprendedores, Lugo con 19, Ourense con 59 e Pontevedra con 20. Esta distinción (vencellada á Lei de implantación empresarial) supón apoiar a actividade industrial en Galicia con máis axilidade administrativa e bonificacións fiscais, apostando, deste xeito, polo crecemento económico da Comunidade galega e pola dinamización do tecido produtivo.

Métodos para adherirse, compromisos e vantaxes concretas

Para ser Concello Emprendedor, as administracións locais, unha vez aproban nos seus respectivos plenos a modificación das ordenanzas correspondentes, teñen que adherirse ao convenio asinado entre a Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para colaborar na captación de investimentos para Galicia, un acordo enmarcado dentro da Lei de implantación empresarial. Neste senso, o Goberno galego dá prioridade aos Concellos Emprendedores en diversas liñas de axudas destinadas a impulsar a fábrica intelixente (Industria 4.0), o emprego de calidade e o emprendemento baseado na innovación e no talento.

Os Concellos Emprendedores, pola súa banda, comprométense a ofrecer ás empresas que mostren interese por afincarse nas súas localidades máis incentivos fiscais, maiores facilidades para acceder ao solo empresarial e unha simplificación na tramitación administrativa. Os maiores incentivos fiscais por parte dos concellos para favorecer a chegada de novas empresas suporán unha bonificación de ata o 95% no IBI, IAE e ICIO para aqueles proxectos “que impliquen nova implantación ou ampliación de empresas xa existentes”.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...