Los amigos. La pinícula proxectarase no pobrense Elma o domingo 26

21 Xaneiro 2020

O pobrense Teatro Cine Elma será escenario o domingo 26, ás 19.00 horas, da proxección do filme Los amigos. La pinícula. Trátase dunha peza audiovisual que xurdiu hai un par de anos cando varios compañeiros de profesión empezaron a gravar unha historia de humor absurdo e irreverente no seu tempo libre.

De seguido, crearon unha páxina de Facebook onde colgaban tódolos avances e, ao pouco tempo, comezaron a gañar adeptos e popularidade, traducíndose nunha maior expectación e incorporando a numerosos actores que se ofreceron a colaborar tales coma Manuel Manquiña, Xosé A. Touriñan, David Amor, Federico Pérez, Pepo Suevos, David Perdomo, Marcos Pereiro, Luma Gómez ou Marta Doviro, entre outros.

Así mesmo, uníronse a esta aventura personaxes relevantes da cultura galega coma, por exemplo, Susana Seivane, Brais Morán, Kiko Novoa ou Sevi Martínez.

Foi entón cando, co obxectivo de acollelos a todos, se transformou en guión, recollendo o título o espírito da película.

A entrada é de balde, ata completar o aforo.

Outros artigos

O BNG esixe “celeridade” para rematar as obras de Palmeira

A deputada do BNG no Parlamento de Galiza, Rosana Pérez, trasladou en comisión parlamentaria a preocupación existente pola paralización das obras de humanización da estrada AC-305 ao seu paso pola parroquia de Palmeira, no concello de Ribeira. Fíxoo a través dunha...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...