Licitada o reforzo de pluviais e a ampliación do saneamento nunha rúa de Corrubedo

02 Xaneiro 2020

O concello de Ribeira será obxecto dunha nova actuación dirixida ao reforzo da rede de pluviais e á ampliación do saneamento na rúa Buenos Aires, única vía de entrada á parroquia de Corrubedo.

Desde o Concello sinalan que a zona onde se centra esta obra non ten a día de hoxe suficiente capacidade para recoller toda a auga superficial cando se producen chuvias intensas, o que motiva a acumulación de auga na calzada. Así mesmo, algúns tramos da rúa carecen de saneamento.

O proxecto técnico elaborado persegue por unha parte a mellora da rede de drenaxe da rúa Buenos Aires e por outra a ampliación do saneamento na marxe esquerda da vía.

No que respecta ao primeiro aspecto, instalarase un colector de PVC SN8 corrugado de 400 milímetros de diámetro e 188 metros de longo, así como 17 pozos de rexistro. En canto ao saneamento, colocarase unha tubaxe SN4 de 315 milímetros de diámetro e 120 metros de longo, ademais de 4 pozos de rexistro e 12 acometidas domiciliarias.

As obras teñen un orzamento de 57.781 euros, IVE incluído, e adscríbense ao Plan de Aforro e Investimento (PAI) da Deputación Provincial da Coruña. O prazo de execución son tres meses.

As empresas interesadas en presentar as súas ofertas dispoñen ata a medianoite do 9 de xaneiro a través da Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX).

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

Vine al calor de mi ciudad mediterránea y hago un resumen de la Compostela que acabo de dejar. Dejo la torre Berenguela andamianada para que la maquillen. Me dura la emoción cósmica del eclipse del 12 agosto. El Obradoiro en estremeció en esa hora de...

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

O ensaio escrito polo médico Roberto Fernández Álvarez, “Arte de non morrer.Antropoloxía da lonxevidade galega” recibíu Premio Ramón Piñeiro, moi merecidamenteporque é un estudo denso con abondosos datos e atinadas interpretacións científicas.O seu autor afonda nas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.