Licitada a pavimentación e instalación de pluviais en O Vilar

02 Xaneiro 2020

Unha nova actuación no concello de Ribeira permitirá a pavimentación e a instalación dunha rede de pluviais no núcleo de O Vilar, situado na parroquia de Carreira.

Na actualidade, as rúas onde se efectuará a intervención son de formigón, as cales presentan danos tales coma disgregacións ou socavóns no firme. Para corrixir esta situación, redactouse un proxecto que inclúe a pavimentación con formigón pulido intercalado con franxas de adoquín de formigón nunha superficie de 1.355 metros cadrados, previa demolición do firme actual; e a instalación dunha tubaxe de PVC de 315 milímetros de diámetro e 132 metros de longo para augas pluviais, ademais da construción de 4 pozos de rexistro e 6 arquetas sumidoiro.

O importe da actuación ascende a 74.057 euros, IVE incluído, financiados no marco do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+2018; e o prazo de execución son tres meses.

As empresas interesadas en presentar ofertas dispoñen ata a medianoite do 9 de xaneiro a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX).

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.