José Gude Pijuán, reelixido presidente do Liceo Marítimo de Ribeira

20 Xaneiro 2020

O domingo 19 celebrouse a Asemblea Xeral Ordinaria da entidade do Liceo Marítimo de Ribeira, na cal José Gude Pijuán saíu reelixido por unanimidade como presidente, cargo que afrontará por un período de dous anos; ademais de realizarse un importante cambio entre os membros da Xunta Directiva.

No transcurso da Asemblea tamén se adoptaron unha serie de decisións, entre as que figuran a colocación de lámpadas LED, de baixo consumo, en todo o local social. Así mesmo, atópanse estudando a posibilidade de instalar unha cadeira elevadora e afrontar a reforma dos aseos para persoas con mobilidade reducida.

Por outra banda, acordouse que os socios da entidade poidan realizar, de maneira gratuíta, calquera tipo de evento persoal ou familiar nos locais do Liceo Marítimo; así como a decisión tomada ao respecto de que a cafetería pechará ao público os sábados e domingos pola tarde, polo descanso do persoal. Ademais, comunicouse o incremento dun grupo importante de novas socias.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

Dí o PP que Pedro Sánchez "non quere un Rei preto do pobo; o PP, sí". Segundo fontes do partido, o PP vai exercer presión parlamentaria no Congreso para esixir explicacións ao Goberno e a visita do presidente de Ceuta ao palacio de Marivent , residencia vacacional dos...

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

Que estará pasando para que ninguén, nin os máis listos, saiban nada do que pasa. Un deputadogalego, despois dunha crise política que se cargou a parte do goberno autonómico, dixo coa man nopeito, do lado do corazón, aquí, “pasou o que pasou”. Todos o entenderon....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.