Jorge García Marín presenta hoxe en Boiro o seu rompedor libro sobre as Novas Masculinidades

24 Xaneiro 2020

Cómpre tirar abaixo todos os estereotipos e as ideas preconcibidas que nos levaron aos homes e ás mulleres a crer que existen comportamentos, hábitos, xeitos de vestir e tendencias que son exclusivos e propios deles ou delas. Esta loita que leva anos fraguándose e abrollando é probábel que nunca tivera unha materialización tan certeira e específica no noso ámbito editorial como a través do ensaio Papá por que non pintas as unllas de cores?, de Jorge García Marín. O libro, publicado por Galaxia baixo o epígrafe Educando (construíndo) masculinidades disidentes, preséntase este venres 24 de xaneiro en Boiro, a partir das 20.00 horas, no Espazo Lector Nobel emprazado no número 10 da rúa Poeta Manuel María. Acompañando ao autor estarán presentes a libreira Rosa Tubío e a cantante Sonia Lebedynski.

Jorge García Marín é profesor do departamento de Socioloxía na Universidade de Santiago. Ten ás súas costas unha longa bagaxe como activista a prol das desigualdades e pechando fileiras, en colaboración coas comunidades de estudantes, arredor de todo tipo de iniciativas contra o machismo e a violencia contra as mulleres.

García Marín imparte docencia no mestrado Igualdade, xénero e educación e na actualidade é secretario do CIFEX (Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero). Dende hai case trinta anos está vencellado a grupos de investigación en temáticas de xénero, sendo as súas liñas prioritarias, dentro dos estudos de xénero, os videoxogos, as identidades virtuais, os relatos fílmicos e as problemáticas asociadas ás masculinidades. Coa obra que se presenta hoxe en Boiro convida ao pensamento crítico sobre a necesidade de “deconstruír esa educación que nos fai homes dende unha nova perspectiva, feminista e integradora”. É un libro sobre as Novas Masculinidades, adianta o autor, engadindo que se trata de comportamentos que “temos que empezar, entre todas e todos, a construír para conseguir un mundo máis igual e, sobre todo, homes e mulleres máis felices”.

Outros artigos

Este venres comezan as Festas de Cespón 2026

Este venres 14 comezan as Festas de Cespón, unhas moi relevantes celebracións que ofrecerán cinco días de troula, ata o martes 18 de agosto, cun completo programa de actuacións musicais, actividades relixiosas e propostas lúdicas para a rapazada. A festa comezará o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la furia al talento” – José Castro López

“De la furia al talento” – José Castro López

El próximo fin de semana vuelve la Liga y es un buen momento para recordar el triunfo de La Roja en el Mundial y desear que el fútbol español conserve los valores que hicieron posible aquella gesta. En los Juegos Olímpicos de Amberes de 1920, España se enfrentaba a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.