Inundacions e ducias de persoas atrapadas polo temporal na comarca

16 Xaneiro 2020

Ribeira con 22 incidencias, Porto do Son con 18 e A Pobra do Caramiñal con 12 foron dos concellos mais afectados como consecuencia do forte temporal de chuvia que azoutou a comarca cara o mediodia de hoxe.

A intensa chuvia que caeu na comarca orixinou graves problemas en puntos de Corrubedo, Portosin, Artes, Pobra e Boiro entre outras localidades. Lesende en Lousame rexistrou 125 litros/m2 seguido de Sálvora con 101 litros/m2, foron os puntos con mais chuvia da comarca. A illa ribeirense chegou a recoller caseque 60 litros en apenas dúas horas do mediodia.

Camposanto de Portosin convertido nun lago

Ademais das fortes chuvias o maior problemas rexistrouse na parroquia ribeirense de Artes. Como consecuencia da auga caida o río Arlés desbordouse. O tráfico tivo que ser cortado e tivo que ser desviado para poder chegar a Corrubedo. Tamén esta parroquia tivo graves problemas e obrigou a intervir ás unidades de protección civil para liberar varios coches atrapados pola riada.
A circulación tivo problemas na rotonda de Xarás e na zona de Olveira onde apareceun socavón duns dous metros preto do colexio .

Protección civil GAEM de Ribeira tivo que intervir tamén en Castiñeiras polo desbordamento do rio Areeiros.

Na Pobra o rio Pedrás desbordouse na zona de Portocarro e orixinou problemas para cruzala ponte.

Tállara (estrada DP-1105), no concello de Lousame.

En Boiro e Rianxo tamén houbo importantes incidencias, ao igual que en todos os concellos da nosa contorna. Os grupos de Protección Civil dos concellos compartiron cos internautas un impresionante vídeo no que se aprecia claramente como a estrada que comunica Boiro con Noia viuse convertida nun río de lama, por mor das trombas de auga que caeron a media mañá e da terra que arrastrou polas abas do monte. O treito crítico rexistrado nas imaxes correspóndese co viario que pasa á altura de Tállara (estrada DP-1105), xa no concello de Lousame. O tráfico tivo que ser desviado pola ponte de San Francisco, cara ao Confurco.

O Concello de Boiro tamén compartiu cos internautas imaxes de pequenos asolagamentos nas beiras das estradas, ao tempo que pedía á veciñanza que estremase as precaucións nos seus desprazamentos

En Portosín a auga converteu o camposanto nunha lagoa. Xa pola tarde as precipitacións cesaron en intensidade a normalidade voltou á comarca.

Efectivos de GAEM en Corrubedo

Outros artigos

Avanzan as obras para a conversión do Campo da Mina a herba artificial

O Concello de Boiro está a levar a cabo as obras para a conversión a céspede artificial do Campo de Fútbol da Mina, en Lampón. Nesta semana realizouse o pavimentado da superficie de xogo para a instalación do tapiz de herba artificial. As actuacións que se están a...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Los corazones de Loli”- Carlos Moledo

“Los corazones de Loli”- Carlos Moledo

Hay gestos que no caben en ningún titular y que, sin embargo, sostienen el mundo mejor que cualquiernorma. Son gestos de manos. De aguja. De hilo enhebrado con paciencia en muchas tardes, mientras afuerael pueblo continúa con su rutina, persianas a medio abrir y...

“Cadaquén, da súa casa”. Luís Celeiro

“Cadaquén, da súa casa”. Luís Celeiro

Nun acto organizado por AlumniUSC e celebrado na facultade compostelá de Filosofía, unha charla-concerto en memoria de Begoña Caamaño e do seu legado, Francisco Castro recordoulles aosasistentes un feito do que se debe falar e presumir, polo seu interese social e por...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.