Formación para formadoras: achegan cursos de ecommerce e consumo ás nosas oficinas de xuventude

22 Xaneiro 2020

Os responsábeis das oficinas de xuventude (OMIX e demais) dos concellos van ter ao seu alcance, este tempada, unha serie de actividades de divulgación sobre os mellores xeitos de tirar partido das tecnoloxías, recursos de gran utilidade (para a formación, para a comunicación, para a empregabilidade) sempre e cando sexan empregados seguindo unhas pautas sobre en que portas petar, de que xeito e durante canto tempo. As actividades en cuestión veñen da man da Escola Galega de Administración Pública e consisten en cursos para o persoal do Instituto Galego do Consumo e da Competencia; da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado; dos Espazos Xoves e das OMIX e OMIC. Lembrar que no caso de Barbanza, hai OMIX en todos os concellos.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto entre o 18 e o 25 de xaneiro de 2020. As solicitudes de participación nas actividades formativas, que se desenvolverán a distancia (teleformación), só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñíbel na web da EGAP.

Os cursos son os seguintes: Resolución de conflitos de consumo. A tramitación das súas reclamacións (búscase favorecer o coñecemento sobre os dereitos básicos das persoas consumidoras e usuarias e aprender a presentar unha reclamación en materia de consumo, así como coñecer os pasos a seguir antes, durante e despois de presentar unha reclamación; desenvolverase en modalidade de teleformación entre o 11 de febreiro ao 10 de marzo de 2020), Comercio electrónico (trátase de achegar información básica sobre consumo e seguridade na Rede, botando luz sobre os dereitos das persoas consumidoras nunha relación de consumo, complementándoos cos dereitos e garantías específicas no comercio electrónico; celebrarase a distancia entre o 8 de setembro ao 13 de outubro de 2020), Consumo e finanzas (celebrarase entre o 28 de abril e o 2 de xuño e, ao seu abeiro, analizaranse os produtos e os servizos financeiros desde unha perspectiva de consumo, dando a coñecer os distintos tipos de financiamento e cales son os aspectos legais que debe cumprir cada un deles), Consumo e publicidade (fornecerase aos asistentes de coñecementos básicos sobre publicidade, avaliando os distintos elementos que empregan as mensaxes publicitarias, está previsto que comece o 28 de abril, tamén en modalidade de teleformación), Consumo e xénero (búscase promover a reflexión arredor do consumo e o xénero filtrado polo papel crucial da educación, comezará o 20 de outubro e rematará o 14 de novembro).

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...