Este sábado celébrase a Regata de Kayak de Mar Concello de Rianxo

22 Xaneiro 2020

O Club de Piragüismo de Rianxo e o Goberno local organizan esta fin de semana a sétima edición da Regata de Kayak de Mar Concello de Rianxo, unha proba abeirada á Liga Galega de Kayak da Federación Galega de Piragüismo. A regata celebrarase o 25 de xaneiro, sábado, no porto da vila, a partir das 15.30 horas. Será, segundo informa o Concello, a primeira proba da tempada da devandita liga, que desta volta correspóndelle a Rianxo, precisamente.

O programa das actividades intégrase dos seguintes puntos a ter en conta: a partir das 15.30 horas está previsto o inicio da regata e, aproximadamente, ás18.30 horas, procederase á entrega de trofeos ás máis destacadas e destacados deportistas na lonxa vella de Rianxo. A proba conta co patrocinio do Concello e coa colaboración da Deputación e Deporte Galego.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.