Este domingo toca poñerse as botas para participar na primeira Camiñada do Barbanza do ano

09 Xaneiro 2020

Para quen non o saiba a estas alturas, con todo lo que levamos andado, a comarca do Barbanza achega un dos mellores chans dos mundo para as andainas de longo alcance: por paisaxe, por natureza, por arquitectura, por patrimonio artístico e histórico, polas vistas das dúas rías que bañan as súas beiras e, por suposto, pola súa xente. Este é o material co que se constrúen as xeiras do colectivo deportista Camiñadas do Barbanza, a comunidade de sendeiristas da comarca, que nos convidan a participar este domingo na súa primeira ruta do ano: unha que vai dende Corrubedo até a igrexa do Xobre na Pobra. A este primeiro treito engadiráselle outros novos (cinco rutas) ao longo das semanas vindeiras, así até completar a ruta comarcal xacobea até Santiago (culminando en Santiago, perante a catedral).

O punto de encontro deste domingo 12 de xaneiro será o porto de Corrubedo, ás 10.00 horas. A camiñada prevista, segundo informa a asociación, constituirá un xeito de reclamar “a oficialidade do Camiño de Santiago dende o faro”, unha proposta que ten o apoio da Mancomunidade Arousa Norte e da que se farán eco os próximos roteiros colectivos.

O itinerario deste día 12 pasará pola contorna natural das dunas de Olveira e Corrubedo, pola contorna do vilar e o núcleo do mesmo nome (xa en Carreira), polos Paramos e Martín, polo centro de Ribeira, polo núcleo antigo de Deán Grande (Ribeira), polo casco antigo de Palmeira, polo Campiño, polo pazo da Torre de Xunqueiras, polo Castro e pola igrexa do Xobre na Pobre, onde rematará o percorrido. As e os camiñantes que estean interesadas e interesados en participar, poden inscribirse chamando aos teléfonos 981 832 590 ou 619 229 946. A andaina contará coa presenza activa dos guías Pepe Moure e Suso Dieste.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.