Dúas citas deportivas congregarán a numerosos atletas na Pobra

29 Xaneiro 2020

A Pobra do Caramiñal converterase en epicentro do deporte nesta fin de semana coa celebración do Campionato Provincial de Campo a Través e o XXXIV Campionato de Galicia Máster de Campo a Través Individual e Clubs. Os encargados de desvelar os detalles destes eventos foron o alcalde Xosé Lois Piñeiro; a concelleira de Deportes, Genoveva Hermo; o presidente da Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza, José Moure; e o vicepresidente da Federación Galega de Atletismo, Iván Sanmartín.

A edil Genoveva Hermo e José Moure explicaron as características de ambos campionatos.

O circuíto de Cabío dará cabida o 1 de febreiro ao Campionato Provincial de Campo a Través, no cal poderán participar tódolos clubs e colexios clasificados nas correspondentes fases intercomarcais das zonas da Coruña, Ferrol, Noia e Santiago, formalizando previamente a súa inscrición, ademais de ter feita a mutualización obrigatoria dos corredores. As categorías que tomarán parte desta cita son Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete, tanto masculino coma feminino. Así mesmo, estableceranse dúas clasificacións: individual e por equipos. A entrega de dorsais efectuarase ás 10.00 horas ou 30 minutos antes da proba correspondente na que se participe; mentres que o desenvolvemento da competición será a partir das 11.15 horas para, ás 13.45 horas, proceder coa entrega de medallas aos tres primeiros clasificados individuais de cada modalidade, e trofeos aos tres primeiros equipos clasificados de cada unha, así como medallas aos integrantes dos mesmos. Organizan o Servizo de Deporte da Coruña, da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia; colaborando o Concello, a Federación Galega de Atletismo, Agrup. Dep. Escolar As Rías e A. D. do Barbanza.

Ademais, o 2 de febreiro desenvolverase tamén no circuíto de Cabío o XXXIV Campionato de Galicia Máster de Campo a Través Individual e Clubs, organizada pola Federación Galega de Atletismo e o Concello. Poderán participar todos aqueles atletas federados, tanto homes coma mulleres, que teñan fichado ao longo da tempada actual por algún club pertencente a Galicia; con ficha pola Federación aínda que pertenzan a clubs doutras comunidades autónomas; ou non galegos convidados expresamente pola Federación, que non reúnan ningunha das anteriores condicións. A hora de inicio do campionato establécese ás 11.30 horas para, ás 13.45 horas, entregar os premios. Facilitaránselle medallas aos tres primeiros atletas clasificados a nivel individual, así como trofeos aos tres primeiros equipos clasificados en cada unha das categorías.

Pola súa parte, Iván Sanmartín destacou que A Pobra é “hoxe por hoxe, un dos concellos de Galicia que está ao nivel de grandes cidades en número de probas federadas que se organizan”, constituíndo para a institución que representa toda unha honra, tal e como apuntou.

Na súa intervención, o rexedor Xosé Lois Piñeiro expresou o seu agradecemento a todos os que fan posible estes eventos deportivos que se celebrarán, segundo precisou, nun “escenario espectacular, case inmellorable”, tanto no aspecto técnico coma paisaxístico.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Los corazones de Loli”- Carlos Moledo

“Los corazones de Loli”- Carlos Moledo

Hay gestos que no caben en ningún titular y que, sin embargo, sostienen el mundo mejor que cualquiernorma. Son gestos de manos. De aguja. De hilo enhebrado con paciencia en muchas tardes, mientras afuerael pueblo continúa con su rutina, persianas a medio abrir y...

“Cadaquén, da súa casa”. Luís Celeiro

“Cadaquén, da súa casa”. Luís Celeiro

Nun acto organizado por AlumniUSC e celebrado na facultade compostelá de Filosofía, unha charla-concerto en memoria de Begoña Caamaño e do seu legado, Francisco Castro recordoulles aosasistentes un feito do que se debe falar e presumir, polo seu interese social e por...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.