Dezanove ofertas presentadas para a pavimentación e instalación de pluviais nunha vía de Aguiño

31 Xaneiro 2020

Un total de dezanove ofertas presentáronse para a actuación consistente na pavimentación e instalación de rede de pluviais na rúa da Cruz, na parroquia ribeirense de Aguiño.

Na actualidade o pavimento desta vía, que está feito de aglomerado asfáltico, atópase en mal estado, mentres que a rede de augas pluviais resulta deficitaria ao producirse con certa frecuencia atascos e inundacións na calzada.

Para poñer solución a estas eivas, técnicos do concello redactaron un proxecto que inclúe a instalación dunha nova tubaxe de pluviais de 315 milímetros de diámetro e 368 metros de longo no centro da calzada, con arquetas sumidoiro -28 en total- nos laterais, ademais de 10 pozos de rexistro cada 40 metros aproximadamente. Así mesmo, procederase á pavimentación cunha mestura bituminosa en quente nunha superficie de 2.146 metros cadrados.

O prazo de execución son dous meses e o importe da actuación ascende a 69.933’38 euros, IVE incluído, financiado no marco do POS+2018 da Deputación da Coruña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“El viejo cura de aldea” – Manuel Domínguez

El viejo cura de aldea. ¿Le conocí? Don Juan era un sacerdote muy apreciado por los niños, muchos se turnaban para ser monaguillos. Ciertamente alguna tarde solía repartir algún caramelo entre los niños buenos y los no buenos eran buenos, tal vez traviesos. El maestro...