Detido un varón polo roubo no interior de 22 vehículos en Ribeira

07 Xaneiro 2020

Axentes da Policía Nacional adscritos á comisaría de Ribeira procederon á detención dun varón de 32 anos de idade, residente en Vigo, como presunto autor do roubo con forza no interior de 22 vehículos e da subtracción doutro turismo, estacionados todos na zona de As Abesadas, en Ribeira.

Desde a comisaría tívose coñecemento de que, en datas recentes e mediante a interposición de varias denuncias, persoas descoñecidas accederan ao interior de varios vehículos tras fracturar unha das fiestras, efectuando a subtracción de diversos efectos de valor.

Unha vez establecido o dispositivo policial ao efecto e froito do mesmo, procedeuse á detención dun varón, quen foi sorprendido in fraganti no interior dun turismo, ao cal accedera empregando o método referido anteriormente. Entre os efectos que portaba, interviñéronselle ferramentas, unha lanterna e a chave dun vehículo subtraído o día anterior nesta localidade.

Os axentes realizaron as xestións e pescudas, logrando localizar o vehículo roubado, atopándose no interior do mesmo os restantes efectos subtraídos, os cales foron entregados aos seus lexítimos propietarios.

Ao detido impútanselle un total de 22 delitos de roubo con forza no interior de vehículo e un roubo con forza de vehículo. Ademais, constábanlle diversos antecedentes policiais por feitos similares. Despois de ser posto a disposición da autoridade xudicial, decretouse o seu ingreso en prisión provisional.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Momentos Altos”. Mario Clavell

“Momentos Altos”. Mario Clavell

Camino dos minutos pisando hojas caídas de los olmos de Santa Clara. A través de losauriculares oigo el andante del concierto 2 para piano de Rachmaninov, plas, plas, plas…Saludo al vecino José Antonio en la parada del bus número 6, y veo nubes blancas entre...

“Feijóo une su suerte a la de Mazón y Abascal”. Manuel Velo

“Feijóo une su suerte a la de Mazón y Abascal”. Manuel Velo

Mazón se desentendió de la Dana el día 29 al coger un día de asueto para mocear con una periodista, habiendo dicho que no pudo estar en contacto con emergencias por un apagón de falta de cobertura, una mentira más, cuando la periodista declaró que tuvo constantes...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.