Derradeira visita guiada na Pobra da mostra sobre as pegadas do Camiño de Santiago en Barbanza

30 Xaneiro 2020
Antonio González Millán na inaguruación da mostra ao seu paso pola Casa Consistorial de Ribeira

A Casa da Cultura Raquel Fernández Soler da Pobra do Caramiñal albergará esta tarde, ás 17.30 horas, a derradeira visita guiada da exposición itinerante As pegadas do Camiño de Santiago no Barbanza: A Orixe. Dita mostra reflicte por medio de fotografías as evidencias históricas da ruta xacobea entre Corrubedo e Santiago, percorrido que foi presentado en sociedade o 19 de decembro de 2019 en Compostela.

Organizada pola Asociación Amigos do Camiño de Santiago do Barbanza. A Orixe, o comisario da exposición e director do Museo Valle-Inclán, Antonio González Millán, será quen exerza de guía, sendo a entrada libre.

Os interesados aínda poderán achegarse no día de mañá, venres 31, para contemplar os documentos visuais, en horario de 11.00 a 13.30 e de 17.00 a 20.00 horas.

A recuperación do camiño terrestre que transita polos municipios de Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo, Dodro, Padrón e desde Iria Flavia ata Santiago, é o resultado de dous anos de traballo coa fin de facer aflorar e poñer en valor as pegadas da tradición xacobea nas terras do Barbanza.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.