Contabilizados un total de 1.569 votos no ribeirense Concurso de Escaparatismo do Comercio e Decoración Hostaleira de Nadal

21 Xaneiro 2020

O Concurso de Escaparatismo do Comercio e Decoración Hostaleira de Nadal que coorganizaron a Asociación de Empresarios e o Concello de Ribeira aglutinaron un total de 1.569 votos, de acordo co escrutinio levado a cabo no Centro Cultural Lustres Rivas por representantes de ambas entidades.

En próximas datas revelarase a identidade do negocio gañador e entregarase in situ un obsequio co que distinguir ao preferido pola veciñanza e visitantes que se animaron a participar neste certame.

Ademais, durante o escrutinio desvelouse o número do vale agraciado con 100 euros a consumir no comercio local, resultando ser o 0651. Para poder recibilo, a persoa gañadora debe achegarse antes do 10 de febreiro á sede da Asociación de Empresarios e presentar o boleto co número premiado, en horario de luns a xoves, de 09.00 a 14.00 e de 16.30 a 19.30 horas, e o venres en horario continuado de 09.00 a 15.00 horas.

Así mesmo, saíron como suplentes os números 1929, 0039, 1952, 0856 e 0512.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.