Confirmada a condena de dous anos e medio de cárcere para o mariscador que deixou sen visión á secretaria da Confraría de A Pobra

07 Xaneiro 2020

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) rexeitou o recurso de apelación interposto polo mariscador condenado a dous anos e medio de cárcere por agredir á secretaria, ao vixiante e ao biólogo da Confraría de Pescadores da Pobra do Caramiñal. A puñada que lle propinou no ollo dereito á secretaria provocoulle a perda de visión. O acusado, segundo a sentenza, presentouse “alterado” en xuño de 2016 nas oficinas da entidade debido a unha sanción administrativa de 500 euros que lle impoñían e agrediu ás vítimas. Os maxistrados indican na sentenza que “non existe proba que acredite a suposta inimizade das testemuñas cara ao acusado”, á vez que salientan que “non pode prevalecer a versión do acusado, que se limita a negar que fose o autor da puñada.”

Ademais, os maxistrados do TSXG recalcan que “non advertimos que se incorrese en erro na valoración da proba, nin que se vulnerase o principio de presunción de inocencia, que, como é sabido, dá dereito a non ser condenado sen proba de cargo válida, que neste caso concorre e foi racional, obxectiva e minuciosamente valorada, de acordo coas máximas de experiencia e regras da lóxica.”

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.