Chega a Ribeira un taller de gravación de curtas inspiradas en obras de arte xacobeas

24 Xaneiro 2020

O Espazo Xuvenil de Ribeira, situado no edificio do mercado municipal, será escenario a partir de mañá, sábado 25, dunha nova acción destinada á mocidade denominada Sábados de cinema no Espazo Xuvenil. Ribeira no Camiño. O Teu Xacobeo. Trátase dun workshop de gravación de curtametraxes, prolongándose durante tódolos sábados ata o mes de abril, en horario de 17.00 a 21.00 horas. A de mañá consistirá nunha primeira toma de contacto para explicar o contido do proxecto.

Ao logo do taller realizarase un piloto a partir dunha peza de recoñecida sona vencellada ao Camiño de Santiago. Dito piloto estará baseado na obra Pórtico da Gloria, de Villaamil, cuxa presentación dará pé ao estudo das obras de arte xacobeas, facendo fincapé nas que rodean ao itinerario que nace en Corrubedo: A Orixe.

Do cadro ao vídeo, do intre ao movemento, os asistentes irán indagando no contexto da obra plástica: cales foron os momentos no seu caso ou as circunstancias que levaron á creación do intre reflectido na obra plástica, entre outros aspectos. É dicir, o contexto segundo o artista ou segundo a escena representada na obra.

Así, supón observar a obra e deixala fluír, contar o antes ou o despois, de ficcionar unha obra plástica partindo dun flash e deixar fluír ao movemento. A historia pode partir dun guión inventado ou adaptación do realmente acontecido no caso de dispoñer de referencias.

Outros artigos

O Concello de Ribeira dota ao porto de Aguiño dunha marquesiña

A veciñanza da parroquia de Aguiño xa dispón dunha marquesiña nas inmediacións do porto despois de que a brigada municipal de obras procedese coa súa fabricación e colocación. O Concello de Ribeira dá así resposta a unha demanda veciñal dilatada no tempo para protexer...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“El viejo cura de aldea” – Manuel Domínguez

El viejo cura de aldea. ¿Le conocí? Don Juan era un sacerdote muy apreciado por los niños, muchos se turnaban para ser monaguillos. Ciertamente alguna tarde solía repartir algún caramelo entre los niños buenos y los no buenos eran buenos, tal vez traviesos. El maestro...