Boiro recibe ós magos de Oriente

05 Xaneiro 2020

Melchor, Gaspar e Baltasar visitaron Boiro esta tarde de domingo na cabalgata de Reis organizada polo Concello e a Asociación Comisión Parroquial de Santiago de Lampón. Unha cita que incorporou novidades e na que participaron aoredor de 400 persoas entre as oito carrozas que compuxeron o desfile, percorrendo un quilómetro de distancia xunto con diversos grupos e bandas de música.

A cabalgata estivo encabezada por unha carroza co Belén vivinte, seguidas das tres dos Reis Magos, outras tres de camelos e unha final dun parque cunha fonte luminosa. Como acompañamento musical, tomaron parte nesta cita a Banda Municipal de Música de Boiro, Banda de Cornetas e Tambores da OJE de Ferrol, charanga O Equipo B, grupo Arume e grupo Os Caraveiros, entre outros.

Cabalgata os magos de Oriente en Boiro

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...