Axudas ao transporte para estudantes boirenses

16 Xaneiro 2020

Un ano máis, o Concello de Boiro convoca axudas ao transporte para estudantes que se desprazan fóra do municipio para cursar formación de ciclo, grao ou mestrado. A cifra total que se destina para tal fin é de 5.000 euros, repartida en distintas cantidades en función dunha serie de criterios establecidos.

Nesta ocasión, con intención de simplificar o proceso de xustificación, incluíronse algunhas modificacións na documentación requirida e nos criterios que se seguen para a concesión das achegas. Así, a asignación das contías realizarase empregando un sistema por puntos no que se vai ter en conta a nota media, a distancia ao centro de estudos, os membros da unidade familiar e a situación de desemprego dos proxenitores.

Outra das novidades consiste en que, unha vez publicada a lista definitiva de beneficiarios, procederase a facer entrega do importe concedido, xa que non haberá que xustificar con tíckets como se viña facendo anteriormente.

A esta convocatoria pode concorrer todo o alumnado que curse estudos técnicos, medios ou superiores que non poidan efectuarse no municipio. Os requisitos que deben cumprir os beneficiarios destas axudas é ser menor de 27 anos, empadroados en Boiro, cunha antigüidade mínima de 2 anos e non estar repetindo curso.

O prazo de presentación de solicitudes está pendente da publicación no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña (BOP), pero previsiblemente establecerase o período que comprende desde o 31 de xaneiro ao 15 de febreiro, formalizándose a través do Rexistro Xeral do Concello de Boiro ou de calquera outro municipio. As bases e o modelo de solicitude poderán conseguirse na portería da Casa Consistorial ou na páxina web www.boiro.org, permanecendo dispoñibles tódolos datos na Oficina de Información á Xuventude (OMIX), situada na primeira planta do Centro Social de Boiro.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.