Augas de Galicia clarifica as dúbidas sobre a xestión e custes da explotación da EDAR de Ribeira

14 Xaneiro 2020

Respecto do conflito da EDAR en Ribeira, do que vimos dando conta nas últimas semanas achegando os puntos de vistas de todas as agrupacións políticas locais, o Concello de Ribeira vén de informar da recepción (hoxe mesmo) dunha carta de Augas de Galicia na que a entidade dependente da Consellería de Infraestruturas bota luz sobre algúns dos principais interrogantes que “había en canto á forma en que a Administración autonómica sufragará os custes de explotación da estación de Couso, logo que a Corporación de Ribeira rexeitase a xestión municipal”. A respecto destes puntos, o Concello explica que no devandito escrito faise saber que co obxectivo de evitar posíbeis danos ambientais derivados da “non asunción dos compromisos acadados polo Concello”, adoptaranse as medidas precisas para garantir “o correcto funcionamento da EDAR en todo momento”.

Isto, continúa Augas de Galicia na misiva, implica entre outras cousas que os custes da EDAR repercutirán á Administración local. Amais, “de ser necesario”, iniciaríase o procedemento de compensación da débeda “coa participación que ao Concello lle corresponda no Fondo de Cooperación Local e posterior retención nas entregas a conta”.

A raíz desta información recibida, o Goberno de Manuel Ruíz sinalou que “no caso de que a Xunta acuda ao Fondo de Cooperación Local, isto implicaría que o Concello estaría imposibilitado de optar á concesións de subvencións cos graves prexuízos que entraña para calquera administración local”. Estes prexuízos, sinalou o alcalde en rolda de prensa a semana pasada, “engadiríanse aos derivados de non poder aplicar economías de escala na licitación das instalacións como si sucedería no caso dunha xestión municipal integral do ciclo da auga, modelo este último que repercutiría positivamente nos recibos dos veciños ao permitir maiores baixas nas ofertas e, polo tanto, minoracións nas taxas a aplicar”.

Amais dos devanditos puntos, na misiva de Augas tamén se reflicte o compromiso da entidade por poñer a disposición do Concello as instalacións “para a súa explotación e mantemento, tal e como aprobara nun principio o pleno en sesión extraordinaria celebrada o 23 de agosto de 2019”. O día e a hora estipulados para isto serían o 31 de xaneiro ás 11 horas na propia EDAR de Couso.

O rexedor manifestou que “pasou a hora de buscar culpables e o que hai que buscar agora son solucións para que os veciños non se vexan prexudicados” e indicou que o seu grupo “segue apostando por unha xestión municipal e integral do saneamento, previo cumprimento do acordo plenario adoptado o 23 de agosto”. E engadiu: “Cómpre lembrar que tal acordo especificaba que a explotación municipal levaríase a cabo unha vez realizada unha auditoría externa que comprobe que as obras comprometidas polas diferentes institucións están realizadas e os problemas solucionados en toda a infraestrutura, e que os resultados da auditoría serían presentados á veciñanza e aos grupos”.

Outros artigos

O PSdeG-PSOE de Ribeira pide obras inmediatas no CEIP O Grupo

O Grupo Municipal Socialista de Ribeira levará unha proposición ao pleno para reclamar unha actuación urxente no edificio de educación infantil do CEIP O Grupo, ante o que cualifican "un avanzado estado de deterioro dunha cuberta onde a vexetación medra de forma...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Valentía política” – José Manuel Pena

“Valentía política” – José Manuel Pena

A maior parte dos nosos políticos e gobernantes sempre falan, publicamente, do cumprimento da legalidade vixente. Á parte de que son eles os encargados de lexislar, non chego a comprender de que tipo de legalidade falan, se das leis ordinarias, dos Reais Decretos...

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

Todas las encuestas, absolutamente todas dan el resultado que en estas elecciones se llevaran un varapalo enorme, que la caída será de órdago, lo saben. Pierden como estaba previsto, tardan en analizar el fracaso. Resultado la culpa del fracaso es del muerto, la culpa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.