Arousa Norte entrega os premios do seu circuíto de carreiras populares

11 Xaneiro 2020

O deporte tomou a palabra este venres pola noite. E fíxoo da man da Mancomunidade de concellos de Arousa Norte, que entregou os premios da cuarta edición do circuíto popular 4 carreiras, 1 meta que promoveu a entidade de Barbanza. Os galardóns concedéronse no Auditorio Municipal de Ribeira. Foron recoñecidas un total de 70 persoas, que recolleron os seus trofeos da man das/os técnicos de deportes, concelleiros e rexedores dos municipios da Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo e máis Ribeira. Tamén participou na gala o presidente da Federación de Atletismo, Isidoro Hornillos.

As distincións entregadas abrangueron as categorías absolutas, sub-10, sub-12, sub-14, sub-16, sub-18, sub-20, sub-23, sénior, grupos máster femininas e masculinas, e clubs federados e asociacións. Tamén foi incluída a modalidade de conciencia social destinada a persoas con diversidade funcional, Sapatilla inclusiva.

Arousa Norte lembrou na gala que a súa aposta polo deporte e o turismo deportivo é unha aposta en firme, xa que “é unha práctica popularizada hoxe en día e que xera fluxos de persoas que viaxan para practicar a súa afección”. Ao fío disto, a mancomunidade recordou aos presentes que “temos excelentes clubs deportivos que aglutinan a moitas e moi boas corredoras e corredores, hoxe aquí presentes”. Tamén enxalzou as “paisaxes espectaculares para a práctica deportiva” e a longa listaxe de atractivos dos concellos integrante, ao que cómpre engadir o destacado esforzo dos responsábeis das administracións locais e dos técnicos deportivos “por organizar as prestixiosas carreiras populares que se fan na comarca”.

O acto estivo conducido polo xornalista deportivo Terio Carrera e a humorista galega Isabel Risco.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.