Aprobado o expediente para acondicionar a envolvente térmica e reformar o interior da ribeirense Casa da Xuventude

07 Xaneiro 2020

O Concello de Ribeira vén de comunicar a aprobación do expediente correspondente á contratación das obras para o acondicionamento da envolvente térmica e a reforma do interior do edificio da Casa da Xuventude.

Situado no cruce entre a avenida da Constitución e a rúa do Estatuto e cunha superficie construída de 743 metros cadrados distribuídos en tres plantas, o edificio rexistraba unha serie de eivas que era preciso solucionar, tal e como manifestan desde o Concello.

Con tal motivo encargouse a elaboración dun proxecto técnico. O documento inclúe a mellora das terrazas a través dunha nova solución de illamento e impermeabilización, acabada en gres; mentres que para as fachadas adoptouse un sistema tipo SATE. Ademais, tódalas fiestras serán substituídas por outras de aluminio.

No que respecta ao interior do inmoble, cambiaranse as portas de paso, afectadas pola humidade, sanearanse as caras interiores (intradós) das fachadas e efectuaranse reparacións nas instalacións de electricidade e fontanería que o precisen.

O orzamento da actuación ascende a 307.000 euros, IVE incluído, e o prazo de execución ascende a oito meses. A licitación co conseguinte inicio do prazo de presentación de ofertas activarase en breve.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“El viejo cura de aldea” – Manuel Domínguez

El viejo cura de aldea. ¿Le conocí? Don Juan era un sacerdote muy apreciado por los niños, muchos se turnaban para ser monaguillos. Ciertamente alguna tarde solía repartir algún caramelo entre los niños buenos y los no buenos eran buenos, tal vez traviesos. El maestro...