Amicos traballará arreo polo turismo respectuoso co medio ambiente

07 Xaneiro 2020

A sede da Asociación Amicos, colectivo barbanzán de familias de persoas con diversidades cognitivas, trastornos de autismo e parálise cerebral, acolleu hoxe a presentación dunha iniciativa para fomentar novos xeitos (alternativos, sustentábeis, racionais, eficientes, intelixentes) de xerar riqueza e emprego a través do turismo costeiro. O proxecto Intercostas, no que participa activamente Amicos e cuxa primeira acción formativa púxose en marcha hoxe, estase a impulsar coa colaboración da Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica, a través do Programa Empleaverde co-financiado polo Fondo Social Europeo.

Segundo se fixo saber, o gran obxectivo é “dar resposta a varias problemáticas relacionadas coa crecente desigualdade social e os inminentes efectos do cambio climático sobre o planeta”. Intercostas pon o punto de mira no turismo porque esta actividade produtiva, por outra banda tan importante para a economía do Barbanza e de Galicia, é responsábel do 10% das emisións de carbono a nivel mundial (o chamado “turismo descontrolado”). O proxecto dado hoxe a coñecer busca achegar alternativas racionais e respectuosas co medio, ao tempo que relevantes dende o punto de vista económico e do emprego.

Co fin de “mellorar o actual escenario”, Intercostas proponse capacitar as persoas na xestión de produtos e servizos turísticos inclusivos e sustentábeis nos espazos mariños da Rede Natura 2000 de ámbito costeiro, en concreto, do espazo marítimo-terrestre das Rías Baixas (Galicia) e o espazo marítimo-terrestre do Mar de Alborán (Andalucía).

Amicos contará coa colaboración da asociación andaluza A Toda Vela para impulsar novas oportunidades laborais no ámbito da economía azul, “tentando xerar impacto directo na empregabilidade das persoas con discapacidade intelectual, mulleres rurais, mozas e mozos menores de 35 anos, persoas inmigrantes, residentes en áreas protexidas e maiores de 45 anos en situación de desemprego”, informaron os responsábeis de Amicos, engadindo que o devandito “conseguirase a través da posta en marcha de sete accións formativas gratuítas, que collerán corpo en Andalucía e Galicia”. Estas sete accións son as que citamos deseguido:

Formacións en Galicia

· Axentes ambientais e do cambio climático no patrimonio natural mariño.

· Recollida, monitoraxe e limpeza de residuos mariños.

· Valorización de refugallos mariños.

· Roteiros turísticos mariñeiros inclusivos.

Formacións en Andalucía

·Roteiros turísticos mariñeiros inclusivos.

· Dinamización e interpretación turística azul.

· Comercialización de produtos e servizos turísticos azuis.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Lo que dicen y lo que realmente hay”.  José Fernández Lago

“Lo que dicen y lo que realmente hay”. José Fernández Lago

Los estamentos de poder proclaman a grandes voces que hemos progresado mucho, que en ningún momento de nuestra historia habíamos llegado tan alto… El caso es que, si vamos a comprar lo que se necesita para nuestra alimentación, aun sin adquirir materiales de lujo,...

“El discurso de Liliana Sáenz”. Mario Clavell

“El discurso de Liliana Sáenz”. Mario Clavell

Es la oración fúnebre que esta rapaza pronunció al final del funeral en Huelva por las víctimas de Adamuz. Hay discursos memorables en el género oratorio y yo añado el que pergeñó esa hija de una de las víctimas del accidente ferroviario. Mostró ánimo muy grande y...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.