Adxudicada provisionalmente a reordenación do paseo das Carolinas e entorno do parque García Bayón

16 Xaneiro 2020

A xunta de goberno local reunida hoxe procedeu a adxudicar con carácter provisional as obras de reordenación do paseo das Carolinas e do entorno do parque García Bayón. Esta actuación da continuidade á recente remodelación do paseo do Malecón e ten como propósito completar a renovación integral da fachada marítima da cidade de Santa Uxía.

A empresa que resultou mellor clasificada das trece ofertas presentadas foi Construcciones Ponciano Nieto, S.L., e o importe da actuación ascenderá a 441.833’97 euros (cunha rebaixa do 23’07% sobre o prezo de licitación), os cales serán financiados por Portos de Galicia en virtude do acordo subscrito co Concello de Ribeira en abril do 2019. O prazo de execución son cinco meses. Agora, falta que a empresa presente a pertinente documentación antes de proceder coa adxudicación definitiva.

Proseguindo co espírito da intervención emprendida no Malecón, a actuación a efectuar no paseo das Carolinas persegue o propósito de dar prioridade ao peón sobre o tráfico rodado, tal e como manifestan desde o Concello, “conferindo a este contorno o carácter urbano que lle corresponde.” A tal efecto, redactouse un proxecto técnico que inclúe a habilitación dun único carril de circulación en dirección saída e a ampliación da xardineira central, dotando así á zona de máis espazos verdes. No que respecta á parte pegada ás vivendas, a área será reordenada dispoñendo aparcamentos en batería e aumentando o espazo de uso destinado aos viandantes.

En relación á banda pegada ao porto, crearase un carril bici que una o existente no Touro-Malecón co do paseo de Coroso. Deste xeito, toda a banda litoral da cidade será practicable en bicicleta coa finalidade de facilitar o desprazamento empregando este medio de transporte alternativo.

Así mesmo, o proxecto inclúe a implantación de novas liñas de pluviais, instalándose 180 metros de tubaxe de PVC de 315 milímetros de diámetro, así como 15 acometidas, 45 arquetas e 5 pozos de rexistro.

Cómpre lembrar que, en virtude dun segundo convenio subscrito o pasado 6 de novembro entre Portos de Galicia e o Concello, o ente autonómico encargarase de renovar a pavimentación do tramo viario comprendido entre as rotondas de Padín e Amas de Casa, cun investimento de 41.796 euros, culminando así totalmente a renovación integral da fachada urbana.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.