Adxudicación provisional da implantación en Aguiño dunha senda peonil entre punta do Laño e o peirao Fenicio

24 Xaneiro 2020

A adxudicación con carácter provisional dunha nova actuación está dirixida á implantación dunha senda peonil de 443 metros de longo e 2’5 de ancho entre punta do Laño e o peirao Fenicio, na parroquia ribeirense de Aguiño, enlazando co camiño de 2.500 metros existente entre este último punto e Couso.

A empresa que resultou mellor clasificada das quince ofertas presentadas foi Bcnor Gestión y Soluciones Avanzadas, S.L., cun montante de 53.738’23 euros. O prazo de execución é de cinco meses.

Así, preténdese protexer o borde litoral nesta franxa ao tempo que se garante o libre acceso e uso público da costa e se potencia o seu emprego coma zona de recreo e benestar da poboación. Neste senso, a senda arranca en Transporto, na contorna do porto de Aguiño, permitindo recrearse na contemplación de notables elementos patrimoniais coma é caso sobranceiro do peirao Fenicio que, segundo defenden algúns estudos, son os restos dun embarcadoiro construído polos fenicios para facer escala nas súas viaxes comerciais entre os séculos XII e VIII antes de Cristo, mentres que outras investigacións aseguran que son restos dunha fábrica de salgadura construída polos cataláns a mediados do século XIX. O itinerario peonil tamén permitirá contemplar os vestixios do antigo almacén de salgadura de A Covasa e ofrecerá unha panorámica da costa atlántica salpicada de illas coma Vionta, Sagres e Sálvora.

O novo trazado adaptarase ao camiño xa existente actuando no mesmo en dous tramos diferenciados. Por unha banda, un primeiro treito de 300 metros de longo composto de 17 centímetros de zahorra natural ZA-0/32 e 8 centímetros de espesor na capa de coroación, con pavimento de xabre-cemento con árido de granulometría 0-5 da zona, impermeabilizado e estabilizado. E pola outra, un segundo tramo de 143 metros de lonxitude composto por 25 centímetros de zahorra natural ZA 0/32. Ademais, o pavimento estará delimitado lateralmente con bordillos de madeira de 25×10 centímetros e transversalmente cada 10 metros con bordillos das mesmas dimensións a efectos de conter mellor o pavimento contra a auga de escorrentía da chuvia.

Esta iniciativa enmárcase na EDUSI Máis Riveira Atlántica 2020, financiada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro do Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE) 2014-2020 e adscríbese á liña de actuación deste plan denominada ‘Posta en Valor do Patrimonio Cultural e Natural e Turístico’ dentro do Obxectivo Temático 6 (Conservar e protexer o medio ambiente e promover a eficiencia dos recursos).

Outros artigos

O PP de Ribeira, crítico co goberno do actual tripartito

Rubén Lijó, María Sampedro e Ana Barreiro, membros do PP de Ribeira, nunha foto recente en Aguiño Os populares de Ribeira, a través da voceira María J. Sampedro Fernández, presentaron ao pleno da Corporación Municipal de Ribeira unha proposición para, nas súas...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...