Abreu a Escola Infantil A Tomada no polígono industrial da Pobra

09 Xaneiro 2020

Este mércores abriu as súas portas a nova Escola Infantil A Tomada, situada nunha das parcelas do polígono industrial pobrense, culminando así un longo proceso de dous anos desde que a Asociación de Empresarios da Tomada tomase a decisión de construíla para facilitar a conciliación dos centenares de traballadores que ocupan as súas industrias. O Presidente dos empresarios da Tomada desvelou ademais que pretenden presentar xa as solicitudes para adherirse ao programa de gratuidade das garderías de titularidade autonómica, concertadas ou privadas de iniciativa social, como é neste caso, para que os pais poidan ter a matrícula gratis para o seu segundo e seguintes fillos a partir do próximo 1 de abril.

Outros artigos

O BNG esixe “celeridade” para rematar as obras de Palmeira

A deputada do BNG no Parlamento de Galiza, Rosana Pérez, trasladou en comisión parlamentaria a preocupación existente pola paralización das obras de humanización da estrada AC-305 ao seu paso pola parroquia de Palmeira, no concello de Ribeira. Fíxoo a través dunha...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...