Abre o prazo de inscrición para os cursos do segundo cuadrimestre da UNED Senior en Boiro

27 Xaneiro 2020
Inicio dos cursos do primeiro cuadrimestre da UNED Senior en Boiro

Este mércores 29 abre o prazo de inscrición para os cursos do segundo cuadrimestre da UNED Senior que se impartirán en Boiro entre os meses de febreiro e maio do presente ano.

Este segundo cuadrimestre contará con tres accións formativas, todas elas dunhas 30 horas, tal e como indica o programa da UNED Senior. A relativa a restauración de enseres e mobles impartirase os sábados alternos no centro de formación e viveiro de empresas situado no polígono industrial de Espiñeira, en horario de 10.00 a 14.00 horas, comezando o 15 de febreiro; mentres que o día 18 iniciarase a de produción de hortalizas todo o ano, tendo lugar no viveiro de empresas os martes alternos, de 16.30 a 20.30 horas. O terceiro dos cursos correspóndese con lanoterapia, celebrándose tódolos venres no Centro Social de Boiro, a partir do 21, en horario de 10.00 a 12.00 horas.

Os cursos teñen un custe de inscrición de 50 euros por persoa. As prazas son limitadas e resulta preciso anotarse de xeito presencial no Concello de Boiro. As persoas interesadas poden consultar toda a información no teléfono de contacto 981844800 ou no enderezo electrónico orientacion.laboral@boiro.org.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Vivenda e administracións públicas” – José Manuel Pena

“Vivenda e administracións públicas” – José Manuel Pena

Somos moitos os que cada vez estamos máis convencidos de que o problema da vivenda se utiliza como cuestión política e electoral pero non hai unha vontade real en buscarlle unha solución a miles de familias que teñen moito problemas para atopar unha vivenda...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.