Aberto o prazo de presentación de ofertas para a intervención na Casa da Xuventude de Ribeira

14 Xaneiro 2020

O Concello de Ribeira vén de comunicar o inicio do prazo de presentación de ofertas para a contratación das obras para o acondicionamento da envolvente térmica e a reforma do interior do edificio da Casa da Xuventude. As empresas dispoñen ata a medianoite do 28 de xaneiro para formular as súas propostas, as cales poden tramitar a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX).

Situado no cruce entre a avenida da Constitución e a rúa do Estatuto e cunha superficie construída de 743 metros cadrados distribuídos en tres plantas, o edificio rexistraba unha serie de eivas que era preciso solucionar, tal e como manifestan desde o Concello.

Con tal motivo encargouse a elaboración dun proxecto técnico. O documento inclúe a mellora das terrazas a través dunha nova solución de illamento e impermeabilización, acabada en gres; mentres que para as fachadas adoptouse un sistema tipo SATE. Ademais, tódalas fiestras serán substituídas por outras de aluminio.

No que respecta ao interior do inmoble, cambiaranse as portas de paso, afectadas pola humidade, sanearanse as caras interiores (intradós) das fachadas e efectuaranse reparacións nas instalacións de electricidade e fontanería que o precisen.

O orzamento da actuación ascende a 307.000 euros, IVE incluído, e o prazo de execución ascende a oito meses.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.