Aberta unha nova convocatoria de axudas ás familias dos mariñeiros falecidos no mar

08 Xaneiro 2020

O Goberno galego deu a coñecer hoxe que este ano seguirá vixente a cobertura para as familias dos profesionais do mar falecidos durante o exercicio da súa profesión. A cobertura inclúe axudas coas que cubrir as necesidades máis inmediatas tralo falecemento e mentres se realizan os trámites correspondentes cos seguros.

As contribucións, recollidas na orde da Consellería do Mar que publica este mércores 8 de xaneiro o Diario Oficial de Galicia (PDF), son un xeito de mitigar a situación de “desamparo económico temporal e puntual das familias dos tripulantes falecidos ou desaparecidos”. A orde establece axudas de 3.000 euros para a viúva ou parella de feito da persoa falecida e de 1.000 euros para cada un dos seus fillos menores de 21 anos ao tempo que dá a consideración de falecidas a aquelas persoas que sigan desaparecidas transcorridos 10 días desde a data na que se produciu o sinistro.

Na disposición inclúese como profesionais do mar os tripulantes galegos de calquera tipo de embarcación pesqueira “debidamente enrolados nela e calquera que sexa o seu pavillón”, os tripulantes non galegos que coticen no Réxime Especial do Mar da Seguridade Social nun buque pesqueiro con porto base en Galicia, os mariscadores e os traballadores de viveiros flotantes radicados en augas da nosa Comunidade.

As persoas que poidan necesitar estas axudas teñen toda a documentación necesaria na orde que publica o DOG. A presentación das solicitudes de achegas, para as que hai un orzamento de 50.000 euros, realizarase por medios electrónicos a través dos formularios normalizados dispoñíbeis na sede electrónica da Xunta de Galicia ou de xeito presencial nos lugares e rexistros establecidos a tal efecto.

Outros artigos

Elite e Consvial reformarán a escola infantil de Padrón

A mesa de contratación do Concello de Padrón adxudicou hoxe a construción da nova escola infantil á unión temporal de empresas formada pola firma padronesa Elite e a madrileña Consvial. A UTE comprométese a executar as obras nun prazo de seis meses e cun orzamento...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“15960 La Ribeira desconocida” – Manuel Domínguez

“15960 La Ribeira desconocida” – Manuel Domínguez

Estos días Ribeira esta saliendo en los medios de comunicación, por motivos nefastos, falta de seguridad ciudadana. Decir que no son muchos, son los mismos, muchas veces repetidos, ya que entran en el juzgado y salen antes que la policía. Dicho esto, cuando gentes de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.