A Xunta investiu 142.000 euros en varias actuacións no parque industrial de Espiñeira

21 Xaneiro 2020

O delegado territorial da Xunta na provincia da Coruña, Ovidio Rodeiro, comprobou esta mañá o resultado das obras da Consellería de Economía, Emprego e Industria no polígono industrial de Espiñeira, en Boiro, que consistiron na instalación dun sistema de videovixilancia e na mellora de dúas vías que contaron cunha achega da Xunta de ao redor de 142.000 euros, redundando nunha melloría para este parque dunha superficie de 323.000 metros cadrados e para as 44 empresas instaladas no mesmo.

Ovidio Rodeiro recalcou que “unha das actuacións que financia a Consellería de Economía, Emprego e Industria, en colaboración co Concello de Boiro, consistiu en mellorar notablemente o sistema de vixilancia para que non quede ningún oco morto e ningunha empresa sen cobertura.” Neste senso, procedeuse á colocación de 12 novas cámaras de visión nocturna que serán compatibles coas actuais e co gravador actual.

A segunda das obras consistiu na renovación do pavimento dun tramo moi deteriorado da fase II do parque empresarial, constando de 620 metros no que se levou a cabo o fresado, a pavimentación e a renovación das arquetas.

O delegado territorial sinalou que con esta orde de axudas “a Xunta de Galicia aposta polo desenvolvemento industrial de Galicia, por iso a Consellería de Economía, Emprego e Industria está a facer un importante esforzo orzamentario para incrementar a dotación do programa de apoio aos parques empresariais.”

O representante do goberno autonómico destacou que “con esta iniciativa a Xunta segue mantendo o seu compromiso cos gobernos locais e o co desenvolvemento das súas infraestruturas, co fortalecemento do tecido empresarial e industrial da Comunidade e con apoios ao emprendemento, liñas que encaixan coas medidas promovidas pola Lei de implantación empresarial para favorecer a captación de novos investimentos para Galicia.”

A maioría dos proxectos van orientados a mellorar as infraestruturas viarias dos polígonos e para a instalación de sistemas de seguridade e vixilancia, aínda que tamén para plantas de depuración de auga, xestión de residuos ou instalacións contraincendios. En total, na provincia da Coruña investíronse 1’5 millóns de euros para financiar 21 proxectos en 19 concellos.

Pola súa parte, o alcalde de Boiro, José Ramón Romero, fixo fincapé nas intervencións desenvolvidas e anunciou que se mantiveron contactos cos empresarios do polígono, prevendo o que se pedirá este ano, pero aínda falta por concretar. Así, expuxo que “estas semanas comezaremos a traballar e definir cales son as necesidades.”

En Barbanza, a Xunta de Galicia investiu 306.000 euros en obras en polígonos industriais de Boiro, Noia e Ribeira. Estas actuacións son posibles polas achegas da Consellería de Economía, Emprego e Industria, as cales supuxeron un investimento total na comarca de 382.000 euros, dos que a Xunta aportou o 80%.

Durante a visita Ovidio Rodeiro lembrou que “hoxe mesmo a Xunta convocou as tres liñas de axudas, cun orzamento de 7’9 millóns de euros para apoiar unha trintena de iniciativas que permitirán impulsar a competitividade das empresas instaladas nos polígonos industriais e contribuír á captación de novos investimentos.” O prazo para solicitalas perdura ata o 21 de febreiro.

A principal novidade, dixo, é a oferta dunha nova liña de apoios para o reforzo e extensión das redes de distribución eléctrica á que se destinarán 4’4 millóns de euros entre os anos 2020 e 2021. A previsión é apoiar 5 iniciativas tendo en conta criterios tales coma a superficie do parque empresarial, o nivel de ocupación, a poboación do concello ou que se trate dun municipio emprendedor.

Ademais, puntualizou que Xunta abriu o prazo para pedir as axudas destinadas á mellora das infraestruturas dos parques industriais. Cun orzamento de 2’5 millóns de euros, financiarase un máximo do 80% do custe global dun total de 21 proxectos presentados polos concellos. 

Finalmente, e con relación a terceira das ordes de axudas, o delegado territorial subliñou que a Xunta investirá 1 millón de euros para apoiar os gastos necesarios para a construción, reforma e/ou equipamento interior de naves industriais co fin de crear viveiros empresariais. Neste caso, engadiu, o financiamento alcanzará como máximo o 80% do custe, sendo o límite de apoio de 240.000 euros por solicitude e coa aspiración de apoiar a 5 beneficiarios.

Outros artigos

Xoán Carlos Somoza é o novo responsábel local do BNG de Boiro

O BNG de Boiro, dentro do proceso asembleario do Bloque Nacionalista Galego, vén de elixir por unanimidade, a Xoán Carlos Somoza Viturro, responsábel local da organización, en substitución de Alberto García, procedendo, deste xeito, a renovar a súa responsabilidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cita a ciegas, en la tele”. Manuel Dominguez

“Cita a ciegas, en la tele”. Manuel Dominguez

Hay un programa en la tv, de cita a ciegas, lo veo, desde mi afición al conocimiento humano y a la sociología, desde, cuando conocí a Amado de Miguel. Hay una pregunta para mi extraña, la que las chicas hacen a los chicos, ¿Y tú cuantas veces puedes hacer el amor en...

“Altri, la tragedia que se avecina” – Manuel Domínguez

“Altri, la tragedia que se avecina” – Manuel Domínguez

Además de a Rianxo, Boiro, A Pobra y Ribeira, el agua del Ulla llega a Padrón, Dodro, Catoira, Valga y Pontecesures, y también está conectado Vilagarcía. En total, cerca de 150.000 personas las que se abastecen de una red que actualmente presenta algunas dificultades...