A xestión autonómica da EDAR de Couso podería resultar ata un 26’7% máis cara que se fose municipal

17 Xaneiro 2020

Os voceiros dos diferentes grupos da corporación municipal de Ribeira recibiron esta mañá un estudo de custes comparativo no que se reflicten de forma exhaustiva e pormenorizada os importes que para os usuarios suporía unha xestión integral do saneamento por parte do Concello ou ben unha xestión compartida con Augas de Galicia. En tódolos escenarios contemplados, a explotación e mantemento da EDAR de Couso por parte da entidade dependente da Xunta de Galicia resultaría en torno a un 20% máis cara que no caso de que esta fose levada a cabo pola Administración local, porcentaxe que se elevaría ata o 26’7% de efectuarse a comparación sen considerar os impostos indirectos do tipo do reducido do IVE.

Así, o estudo elaborado por unha empresa especializada e conformado por 33 páxinas de extensión, contempla oito escenarios posibles en función de se hai baixo ou alto risco de excesos (no primeiro caso, se estaría asegurando a maior parte dos ingresos vía taxa sobre o consumo mínimo facturable trimestralmente, mentres que no segundo se estaría operando fundamentalmente sobre os excesos), con redución de persoal e con inxección de capital. Diferenza ademais entre se o usuario é doméstico ou industrial. No caso do usuario doméstico, con xestión integral municipal a repercusión mínima mensual máis baixa das posibles para o usuario alcanzaría os 5’66 euros ao mes, mentres que con xestión compartida coa Xunta non baixaría dos 6’04 euros. A máis alta, 7’06 euros na xestión municipal e 7’44 na xestión compartida.

Respecto aos usuarios industriais (fundamentalmente, negocios do sector terciario coma bares, restaurantes, etcétera), o suposto máis baixo sería de 5’70 euros ao mes para a xestión municipal, mentres na compartida estaría en 13 euros ao mes. E no suposto máis alto, estarían en 7’05 euros e 14’41 euros, respectivamente.

Despois de expoñer estes datos, o informe conclúe que “a xestión compartida xera un sobrecuste para os usuarios de tipo doméstico de entre o 5’4% e o 6’7% segundo os distintos escenarios; ademais, para o caso dos usuarios de tipo industrial os sobrecustes con xestión compartida se dispararían entre o 105% e o 128% segundo cada escenario.”

Isto significa que, en termos xerais, a xestión compartida supón un incremento potencial de custes do 10% para o conxunto de sistema de saneamento en función de cada un dos escenarios analizados, cifrándose o aforro potencial a obter no caso de adoptar a xestión integral desde o Concello en torno ao 20% no caso da EDAR de Couso que, como se apuntou anteriormente, se incrementaría ata o 26’7% de realizarse a comparación sen considerar os impostos indirectos do tipo reducido do IVE.

Por último, o informe advirte que o estudo foi elaborado para o suposto de que Augas de Galicia asuma a xestión directa, pero no hipotético caso de que encomendase a explotación da EDAR a unha empresa externa que facturase directamente ao Concello, os custes poderíanse ver incrementados “substancialmente” ao non depender dunha taxa regrada como son os coeficientes de vertedura.

Por outra parte, tanto os grupos coma a veciñanza afectada foron convocados xa a unha reunión que se celebrará o mércores 22, ás 11.00 horas, no Consistorio coa finalidade de presentar os resultados das auditorías efectuadas pola Xunta de Galicia e polo Concello.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“¿Dónde está el cuchillo?” – Manuel Domínguez

“¿Dónde está el cuchillo?” – Manuel Domínguez

Le invite a yantar en casa, me esmere en demostrar mis dotes culinarias, preparé lo que a él le gustaba, no se trata de presumir, sino agradar a un invitado, tratarlo como se trata a quien adorna mi casa, las buenas amistades embellecen. Hoy disfrutas de una bella...

“Hungría, la fuerza de la democracia” – José Castro López

“Hungría, la fuerza de la democracia” – José Castro López

Budapest es una de las ciudades más bellas de Europa capaz de evocar en el visitante el recuerdo de una grandeza histórica. Pero hasta el domingo 12, allí se podía constatar un sentimiento extendido de tristeza en muchos ciudadanos que coincidían en que el país había...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.