A reordenación da fronte marítima de Palmeira tratouse nunha xornada de participación cidadá organizada pola Fundación RIA

24 Xaneiro 2020
Cedida

A Fundación RIA presentou ante a veciñanza de Palmeira a análise e diagnose de conflitos do porto e paseo marítimo desta parroquia ribeirense, un proxecto impulsado por Portos de Galicia e asumido pola nomeada entidade. Nesta primeira fase estiveron traballando desde o mes de novembro do pasado ano e agora xa teñen as conclusións que arroxou o seu estudo, ademais de intuír as estratexias a aplicar. Co obxectivo de expoñer o labor desenvolvido ata o momento e recadar valoracións e suxestións que contribúan a mellorar o futuro proxecto, convocaron a residentes e usuarios a unha xornada de participación cidadá que se celebrou durante a tarde do mércores 22 no salón de actos da Casa do Mar da referida localidade.

Respecto da reordenación da fronte marítima, Manuel Rodríguez, coordinador da Fundación RIA, e Alfonso Bertrán, coordinador do proxecto, expuxeron que está xeralmente aceptado polos galegos que a identidade da nosa comunidade se podería definir mediante o binomio maritimidade-continentalidade, “ambas rexións teñen características xeomórficas moi diferentes, é dicir, que se relacionan de maneiras diferentes co seu contexto xeográfico. Esta relación, co seu soporte físico natural, é o que orixina os asentamentos, as actividades económicas e as identidades.”

Tamén manifestaron que, no caso dos asentamentos con porto, esta relación caracterizou o desenvolvemento local chegándose a converter na principal actividade económica. A relación co mar, a extracción dos seus recursos, foi motor e motivo de crecemento de moitos litorais. Nalgúns casos, cando a presión económica derivada das actividades pesqueiras desapareceu, “os asentamentos herdaron unhas grandes extensións de recheo sen uso específico e con pouco continuidade no tecido urbano, sucedendo isto na fronte marítima de Palmeira.”

Deste xeito, a principal finalidade é a planificación e ordenación dos usos do litoral urbano desta parroquia. No que se refire aos obxectivos específicos, atópanse a ordenación do tráfico e o estacionamento, a recuperación do vínculo co mar, e a planificación e deseño do espazo público.

Así mesmo, desde a Fundación RIA apuntaron que existe unha clara relación entre este proxecto e o de integración urbana da AC-305 ao seu paso pola localidade, a pesar de que se desenvolvan de maneira independente.

Con este debate público concluíu a primeira fase do estudo, análise e diagnose da proposta que desenvolve a fundación e que busca coordinar as actuacións entre Portos de Galicia e o Concello de Ribeira.

A esta xornada sumáronse numerosas persoas e entre os asistentes figuraban representantes do Club de Xubilados do Mar, Confraría de Pescadores e comerciantes da zona portuaria; ademais de Adrián Capelo (da Fundación RIA), Juan Antonio Rodríguez (de Portos de Galicia) e o concelleiro palmeirán Emilio Pérez.

Cedida

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.