A renovada rúa Rosalía de Castro xa conta con mobiliario urbano

28 Xaneiro 2020

A céntrica e recentemente remodelada rúa Rosalía de Castro, en Santa Uxía, vén de ser obxecto da instalación de mobiliario urbano acorde coa nova condición desta vía, na que, coa implantación da plataforma única, se inverteu a orde xerárquica, priorizando ao peón sobre o tráfico rodado.

Así, no transcurso desta mañá colocáronse no referido tramo -concretamente entre a praza do Concello e a rúa Marcial del Adalid- seis grandes xardineiras, tres bancos e seis cadeiras de madeira tratada, ademais de tres papeleiras. Desde o Concello manifestan que se pretende desta maneira facer máis agradable o tránsito por unha das rúas cun maior carácter comercial da cidade.

Por outra banda, en breve procederase co pintado da sinalización horizontal.

Outros artigos

Ribeira prepárase para unha nova edición do IV Ciclo da USC

O Concello de Ribeira mantén aberto o prazo de matrícula da IV Ciclo da USC ata o 24 de xullo; unha acción formativa dirixida a alumnado maior de 50 anos, tal e como indicou a concelleira de Educación, Nucha Brión. Segundo manifesta a edil, "nunca é tarde para seguir...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.