A Regata Distribunosa inaugura o 18 de xaneiro a tempada de Cruceiros en Rianxo

14 Xaneiro 2020

Este sábado 18 de xaneiro comeza en Rianxo a dezasete edición da Regata Distribunosa, competición patrocinada pola empresa local do mesmo nome e aberta aos cruceiros ORC. Segundo informa o Club Náutico de Rianxo, a regata “porá en escena durante catro semanas cinco probas costeiras promovidas pola destacada firma galega especialista na fabricación de mamparas de baño”. Participará boa parte da frota de veleiros das dúas beiras da ría (embarcacións dos clubs de Vilagarcía, Ribeira, A Pobra, Boiro e, por suposto, do club anfitrión, o de Rianxo). Trátase, engade a entidade, dunha “das citas máis madrugadoras do calendario oficial da Real Federación Galega de Vela”. Amais de veleiros das ditas vilas, acudirán barcos de Sanxenxo e Portosín. Podemos ver todos os detalles da regata no arquivo PDF habilitado polo club rianxeiro.

As datas nas que se celebrará a Regata Distribunosa son o 18 de xaneiro, o 15 de febreiro, o 14 de marzo, tendo en abril unha dobre xornada, a do día 4 e a final do 25. A media da distancia do percorrido por cada unha das mangas establecerase en 12 millas, navegando os participantes cada recuncho da ría arousá, dependendo o rumbo sempre da dirección e intensidade do vento, “que será o que marque cada xornada náutica”, explica o Club Náutico de Rianxo, engadindo que “agás indicacións contrarias no momento da navegación”, a inmensa maioría de marcas de paso serán boias marítimas da ría de Arousa, como poden ser as do Seixo, Moscardiño, Aurora, O Chazo ou a propia de Cortegada, entre outras, compondo un total de 6 posíbeis percorridos.

Palmarés de 2019

Os vencedores da edición de 2019 foron O Moucho, de Daniel Ayaso, do Club Náutico e Deportivo de Ribeira, que competiu na División dos Regata. En Cruceiro/Regata A impúxose o Cámping Ría de Arousa, de José Manuel Pombar, do Club Náutico de Boiro, sendo o triunfo en Cruceiro/Regata B para o Fixius, de Miguel Pérez Lafuente, do Club Náutico de Vilagarcía. En Cruceiro, o primeiro posto do podio ocupouno o Piko Norte, de José Manuel Castro, do Club Náutico de Boiro.

Entrega de galardóns

A entrega de premios celebrarase na última xornada do 25 de abril, que, coma o ano pasado, terá lugar nas instalacións do Club Náutico de Rianxo, contando coa presenza do presidente do club rianxeiro, Elisardo Villanustre, a do presidente de Distribunosa, Manuel Castaño, patrocinador da regata, así como de José Luís Torres Colomer, presidente do Club Náutico Deportivo de Ribeira; a do patrón maior de Rianxo, Miguel Iglesias; e a de José Carreira, comodoro do club de Rianxo.

Outros artigos

Afundación presentou “Castelao grafista (facsímile)” en Rianxo

Afundación, a Obra Social de Abanca, veu homenaxeando desde o ano 2020 o insigne intelectual e político rianxeiro coa mostra Castelao grafista (facsímile), conformada por fondos procedentes das coleccións Abanca e Afundación, producida pola Fundación Torrente...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

El Gobierno dio un paso significativo desclasificando documentos del fallido golpe de Estado del 23 de febrero de 1981. Aquel día, con la irrupción de Antonio Tejero en el Congreso, la incertidumbre paralizó al país y la joven democracia española vivió su momento más...

“Catálogo de estrellas”. Mario Clavell

“Catálogo de estrellas”. Mario Clavell

Hace tres semanas fue publicado el muy simpar catálogo REGALADE que enumera y da distancias y medidas de ochenta millones de galaxias en el cosmos observable. Distan hasta seis mil millones de años luz, y permite que los astrónomos identifiquen muchas más galaxias y...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.