A Policía Local de Rianxo interceptou a unha persoa con diñeiro e xoias roubadas

07 Xaneiro 2020
Facebook Policía Local de Rianxo

Durante a realización dun control preventivo de alcohol e drogas no lugar do Pazo (Rianxo) na mañá do sábado 4, a Policía Local interceptou un vehículo no que viaxaba unha persoa, observando que no seu interior había diversos efectos de dubidosa procedencia, entre eles, unha carteira con documentación, diñeiro e xoias. Unha vez realizadas as xestións oportunas, puideron localizar á propietaria, quen manifestou que lle fora subtraída en Boiro no transcurso desa mesma mañá.

Deste xeito, recuperouse unha cantidade de diñeiro duns 110 euros en metálico e xoias por un valor aproximado duns 600 euros. Ademais, á vítima retiráronlle 300 euros dun caixeiro empregado unha das tarxetas bancarias furtadas.

Os axentes instruíron dilixencias penais por un delito de furto e a presunta autora dos feitos foi citada para un xuízo rápido en calidade de investigada, constándolle antecedentes por delitos contra a propiedade.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.