A Policía Local de Boiro participa en dúas campañas da DXT centradas no fomento da seguridade viaria e vixilancia das condicións dos vehículos

24 Xaneiro 2020

O Concello de Boiro súmase á campaña da Dirección Xeral de Tráfico (DXT) para o control de velocidade, fomentando así a seguridade no municipio. Neste senso, a Policía Local disporá ata o 4 de febreiro dunha furgoneta equipada con cinemómetro.

Esta medida enmárcase nas accións que o corpo policial leva a cabo coa intención de garantir unha maior seguridade en materia de mobilidade e reducir os accidentes por excesos de velocidade. De feito, sinalan que o maior problema por incidencias en excesos de velocidade se atopa nas estradas periféricas, polo que se incidirá especialmente nestas zonas.

Paralelamente, a Policía Local participa nunha campaña especial de vixilancia das condicións dos vehículos, en colaboración coa DXT, mediante a realización de controis para comprobar se os vehículos levan ITV e seguro obrigatorio en vigor, ademais de revisar elementos de seguridade tales coma pneumáticos, luces, parabrisas e sinalización.

Outros artigos

A Audiencia da Coruña condena a un home por unha agresión en Boiro

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña condenou a un home ao pagamento dunha multa de 720 euros por cometer un delito de lesións ao agredir a outro home en Boiro. Segundo os feitos recollidos na sentenza, o acusado increpou a unha camareira á saída dun bar...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“No lo entiendo, no lo comparto y soy opuesto” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...