A Fiscalía solicita cinco anos de cárcere para un ribeirense por un delito contra a saúde pública

17 Xaneiro 2020

O Misterio Fiscal demanda cinco anos de prisión para un ribeirense acusándoo dun delito contra a saúde pública na súa modalidade de substancias que causan grave dano.

Segundo o escrito da Fiscalía, os feitos remóntanse a marzo do 2016 cando a Policía Nacional de Ribeira interceptou un vehículo ante a sospeita de que no seu interior se portaba droga co obxectivo de distribuíla na zona. Deste xeito, atopáronse en posesión do condutor 80 bolsiñas termo seladas de heroína, cun peso de 17 gramos; 91 bolsiñas termo seladas de cocaína, cun peso de 18’5 gramos; papeis con anotacións; e dous móbiles.

Unha vez acordada a entrada e rexistro na vivenda do acusado, situada en Aguiño, os funcionarios encontraron 192 doses de cocaína en bolsiñas termo seladas, de 0’2 gramos cada una (38’5 gramos en total); 579 doses de heroína en bolsiñas termo seladas, de 0’2 gramos cada unha (120 gramos en total); unha pedra de cocaína de 105 gramos; 5’5 gramos de haxix; e 1’750 gramos de marihuana; así como 800 gramos de substancia destinada ao corte da droga, 2 básculas de precisión, unha prensa, unha libreta con anotacións e a cantidade de 8.455 euros.

Así mesmo, noutra residencia, situada en Ribeira, achouse unha plantación de 311 plantas de marihuana, xunto con tódolos elementos e mecanismos necesarios para o seu mantemento.

No texto tamén se precisa que o valor total da droga no mercado sería de 88.560’584 euros en forma de gramos e de 110.771’56 euros en forma de doses.

Ademais dos cinco anos de cárcere mencionados anteriormente, a Fiscalía pide inhabilitación especial para o dereito de sufraxio pasivo durante a condena e 190.000 euros de multa.

O xuízo está previsto para o próximo xoves, na sección sexta da Audiencia Provincial, con sede en Santiago de Compostela.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.