A exposición A Riveira pola Ribeira Sacra desembarca no Consistorio ribeirense

08 Xaneiro 2020

Desde hoxe e ata o 14 de febreiro, as paredes da ribeirense Casa do Concello exhibenun total de 24 obras inspiradas nos viños da Ribeira Sacra. Nomeada A Riveira pola Ribeira Sacra,trátase dunha mostra elaborada polo binomio creativo Arte Guiglo, constituído polo manchego Guille de la Paz e a padronesa Gloria López, ambos afincados en Boiro.

Á inauguración asistiron, entre outros, o creador Guille de la Paz; o comisario Pastor Rodríguez; o alcalde Manuel Ruiz; a concelleira Ana Ruiz; o voceiro do grupo municipal do BNG, Xosé Vázquez Cobas; o portavoz do grupo municipal do PSdeG-PSOE, José Manuel Vilas; e Eugenia Gómez, de O Faiado Tenda-Galería.

Pastor Rodríguez destacou que se trata dunha exposición de “gran tamaño, gran volume e gran consistencia non só visual, senón tamén espesa como o bo viño do Ribeiro e da Ribeira Sacra.” Tamén sinalou que esta colección procede de ser exhibida en Santiago de Compostela, continuando o seu itinerario por diversas cidades.

A técnica empregada é o óleo sobre distintos soportes coma papel, tea, lenzo e madeira. Guille de la Paz manifestou que esta mostra deriva dun proxecto cuxa xénese se remonta ao 2017, ano no que iniciaron un traballo de investigación e documentación sobre o viño, algo que entenden como “todo un mundo.” No que respecta a emprender o proceso de creación, apuntou que pintaron as obras “con viño probado en boca” co obxectivo de reflectir as sensacións que lles producían os diferentes caldos. Así mesmo, cualificou a mostra como “ecléctica e diversa” tanto nos seus estilos coma nas sensacións, gustos, aromas, cores e praceres a que induce o viño.

Pola súa parte, o rexedor Manuel Ruiz felicitou a Arte Guiglo polo seu traballo e convidou á veciñanza a visitar esta colección. Ademais, expresou que “hai diferentes estilos, diferentes gustos e seguramente calquera que veña vai encontrar algunha das obras coas que se vai identificar, se non é con todas.”

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.