A estratexia de desenvolvemento Máis Ribeira Atlántica contempla catro liñas de actuación

30 Xaneiro 2020

O salón de plenos da Casa Consistorial de Ribeira serviu de escenario no día de onte para unha reunión informativa na que se lles explicou aos grupos da corporación municipal o estado de tramitación da EDUSI Máis Ribeira Atlántica 2020, Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado seleccionada en primeira convocatoria para a dotación de Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro do Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE) 2014-2020. Abundando na mesma liña, hoxe tivo lugar unha reunión de carácter técnico para seguir perfilando un proxecto cuxo orzamento ascende a 6.250.000 euros, dos cales 5 millóns corresponden aos devanditos fondos FEDER.

Na xuntanza de onte -á cal  asistiron edís dos grupos do PP, BNG, PSdeG-PSOE e Suma Ribeira- detallouse que a estratexia contempla catro liñas de actuación: ‘Ribeira + Intelixente’, cunha contía de 900.000 euros; ‘Ribeira + Eficiente’, con 1’5 millóns asignados; ‘Ribeira + Turística’, con 1’6 millóns; e ‘Ribeira + Humana’, con 2 millóns.

Actualmente está executado o 21% do global por un importe económico de 1.338.560’07 euros; e a estratexia ten que estar totalmente implantada en decembro de 2023.

Dentro da liña ‘Ribeira + Intelixente’, a cal ten como obxectivo promover as TIC a través de actuacións de Administración electrónica local e Smart Cities, inclúense tres actuacións ou operacións: Smart Instalacións Auditorio (300.000 euros), Centro de Control de Servizos Municipais (300.000 euros) e accións ligadas coa E-Administración (300.000 euros).

Na liña ‘Ribeira + Eficiente’, orientada ao fomento da mobilidade urbana sustentable e a mellora da eficiencia enerxética e o aumento de enerxías renovables nas áreas urbanas, están consignados 500.000 euros para paseos marítimos, outros 500.000 para iluminación eficiente -coa instalación de luminarias en diversos tramos de litoral en Aguiño, O Carreiro, A Catía, O Castro e Insuela- e outros 500.000 para a mellora da eficiencia enerxética en edificios públicos, sinaladamente A Fieiteira e o Conservatorio.

En ‘Ribeira + Turística’, concibida coa finalidade de promover a protección, fomento e desenvolvemento do patrimonio cultural e natural, así como a revitalización das cidades e a mellora da contorna urbana e o seu medio ambiente, hai 50.000 euros para a iniciativa ‘aMar Ribeira’, 750.000 euros para creación de sendeiros fluviais e rutas de sendeirismo e 800.000 para a xa executada remodelación do paseo do Malecón.

Por último, a liña ‘Ribeira + Humana’ persegue a rexeneración física, económica e social da contorna urbana en áreas desfavorecidas. Hai dúas operacións previstas: dun lado, a construción do novo Auditorio -cunha partida de 1’9 millóns de euros- e, por outra, a creación de vivendas sociais -100.000 euros-.

No transcurso do encontro, o cal, segundo manifestan, resultou “moi participativo”, tamén se buscaron as aportacións dos propios grupos para dotar de contidos a algunhas das operacións nas que non están definidas as intervencións concretas a executar coma, por exemplo, o caso da habilitación de sendas fluviais e rutas de sendeirismo, ademais das vivendas para fins sociais dentro do municipio.

Así mesmo, manifestan que proximamente se convocará a comisión estratéxica de Máis Ribeira Atlántica.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.