A deseñadora local Mónica Vigo puxo o peche ao Mentoring Creativo de Boiro

17 Xaneiro 2020

O Concello de Boiro, a través da Concellaría de Cultura, organizou esta tempada unha actividade para estimular a longa e variada listaxe de capacidades que as rapazas e rapaces do termo municipal atesouran. Froito deste compromiso xurdiu o programa Mentoring Creativo, que vén de chegar este venres 17 ao seu remate, na Casa da Cultura de Boiro.

A filosofía aplicada no ciclo foi a de xuntar ás/aos estudantes de Boiro con profesionais, creadoras ou emprendedoras locais que sexan referentes nos seus sectores de actividade. Esta foi a filosofía, tamén, da actividade deste venres, que contou coa presenza da deseñadora local Mónica Vigo achegando detalles sobre os seus proxectos.

Segundo informou o Concello, o programa Mentoring Creativo (co-financiado pola Dirección Xeral de Xuventude) resultou ser un rotundo éxito nos tres IES do municipio, “xa que tivo moita aceptación entre o alumnado”. Ademais, explicou a organización das sesións, “a raíz destas xornadas descubriuse tamén que hai moito talento por descubrir entre a mocidade de Boiro”.

A idea agora é seguir traballando en programas “coma estes ou semellantes”, apuntou o Goberno local con motivo do peche do programa, engadindo que se traballará para que estas novas iniciativas tamén “poidan mostrar as ideas ou proxectos que a mocidade ten en mente”.

Nesta última sesión co alumnado do IES A Cachada, a deseñadora boirense Mónica Vigo, profesional referente no ámbito da moda feminina e a alta costura, quixo facer fincapé na importancia do traballo e do esforzo que calquera proxecto ten detrás e “tamén do necesario que é coidar os pequenos detalles”.

O tenente de alcalde, Luís Ruiz, acudiu á clausura deste programa e convidou á mocidade presente a que contribúa coas súas ideas e a que faga saber os seus intereses á hora de seguir apostando por actividades e programas coma o que chegou hoxe ao seu remate.

Estimulando o talento local

Entre as profesionais que nestes encontros mostraron as súas experiencias e achegaron pautas para as rapazas e rapaces con interese en internarse no camiño da innovación atopouse a creadora Alba Carreño, que ilustrou aos estudantes sobre o seu labor en Mobalco, a firma pobrense centrada na fabricación de mobiliario de cociñas de deseño. Logo da cita con Alba Carreño, que abriu as actividades da edición rematada (2019-2020), veu unha xuntanza enriquecedora con Sara Ollero, que falou á rapazada de Boiro sobre o proxecto DariaLuv.

Outros artigos

O Concello de Boiro remata as obras para a mellora do firme en Moimenta

O Concello de Boiro vén de finalizar as obras para a mellora dun camiño no lugar de Moimenta, na parroquia de Macenda. O tenente de alcalde, Luís Ruiz, e o concelleiro, Roberto Lojo, visitaron este martes 10 de marzo o lugar para coñecer o resultado final das obras....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Relevo en Portugal”. José Castro López

“Relevo en Portugal”. José Castro López

Comparto con muchos gallegos una vieja querencia por Portugal. Nos une la geografía, la historia y también algo tan profundo como la afinidad de carácter y una manera de entender la vida. Admiro su paisaje y sus monumentos, su cultura y su gastronomía, su hospitalidad...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.