A cuarta edición do circuíto 4 carreiras, 1 meta de Arousa Norte culmina coa entrega de premios

10 Xaneiro 2020

O Auditorio municipal de Ribeira será escenario hoxe, venres 10, ás 20.30 horas, da entrega de premios ás persoas gañadoras na cuarta edición do circuíto 4 carreiras, 1 meta impulsado pola Mancomunidade de Municipios Arousa Norte. No acto, que estará conducido polo xornalista deportivo Terio Carrera e a humorista Isabel Risco, entregaranse premios nas distintas modalidades das probas celebradas en Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo.

As distincións a outorgar son ás categorías Absoluta, Sub-10, Sub-12, Sub-14, Sub-16, Sub-18, Sub-20, Sub-23, Sénior, grupos Master femininas e masculinas, clubs federados e asociacións. Así mesmo, haberá galardón para ‘Sapatilla inclusiva’, unha modalidade única absoluta para persoas con diversidade funcional.

O Circuíto de Carreiras Populares Arousa Norte está concibido conforme a tres obxectivos fundamentais: fomentar a práctica da actividade física como medio para acadar unha vida máis saudable; conectar as carreiras populares co turismo deportivo, cada vez máis en alza; e artellar as catro probas populares de Barbanza nun circuíto máis amplo, que as conecte co sentir comarcal que promove Arousa Norte.

Este circuíto conta co control técnico da Federación Galega de Atletismo e estivo organizado conxuntamente polos Concellos de Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo, os cales integran a Mancomunidade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.